Proxecto Apollo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Elimino homónimos
Liña 28:
 
=== Apollo 01. Saturn 1B. AS-201 ===
O foguete Saturn 1B, da misión AS-201, lanzouse dende a torre 34 do complexo de lanzamentos de Cabo Cañaveral ([[Florida, Estados Unidos de América|Florida]]) o sábado [[26 de febreiro]] de [[1966]],ás 11:12:01. A misión realizouse sen tripulación, era un voo suborbital de proba de baixo rango. Só estivo en funcionamento preto de 37 minutos (00:36:59), alcanzando unha altitude de 488 km, e a súa cápsula foi recollida no [[océano Atlántico]] a uns 8.472 km de distancia do seu lanzamento.
 
Os seus obxectivos principais eran confirma-la integridade estrutural da combinación do vehículo e da nave espacial de lanzamento e controla-la operatividade de seus sistemas. O perfil da traxectoria foi deseñado tal que un vehículo sería acelerado a unha altitude relativamente alta e despois conducido novamente dentro da [[atmosfera terrestre|atmosfera]] da Terra, causando altas cargas de temperatura, dando por resultado unha aterraxe perceptiblemente distante do punto do lanzamento; tamén se verificaron as operacións da propulsión do Saturn, enderezo e control e os subsistemas eléctricos.
Liña 93:
{{Artigo principal|Apollo 11}}
[[Ficheiro:Apollo 11 insignia.png|dereita|250px]]
A nave Apollo 11 engalou ás 9:32:00 do mércores [[16 de xullo]] de 1969, dende a torre 39-A do Centro Espacial Kennedy en [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]]. Unha vez na órbita lunar, (de 186 por 183 km) Edwin E. Aldrin (piloto do CSM) e [[Neil Armstrong|Neil A. Armstrong]] (comandante) trasladáronse ó módulo lunar. Michael Collins (piloto do módulo lunar) permaneceu na órbita lunar pilotando o módulo de control despois da separación, e apoiando as manobras do módulo lunar. Este último descendeu á Lúa e pousouse sobre a súa superficie o 20 de xullo, no [[mar da Tranquilidade]] (71º N e 23º 38' E), enviouse a seguinte mensaxe a Terra ''“Houston, aquí Base Tranquilidade. A Aguia aluou”''. Horas máis tarde, Armstrong descendeu por unha escaleiriña co seu traxe espacial e puxo o seu pé sobre a [[Lúa]]. As súas primeiras palabras foron ''"este é un pequeno paso para o home, pero un gran salto para a humanidade"''. Pronto seguiulle Aldrin e ambos os dous astronautas camiñaron durante máis de dúas horas pola Lúa. As tarefas de carácter científico máis importantes realizadas durante as misións foron a recollida de 21 kg de mostras do solo, toma fotografías e colocación dun artefacto para detectar e medi-lo vento solar, un reflector de raios láser e un [[sismógrafo]]. Armstrong e Aldrin cravaron no solo a [[bandeira dos Estados Unidos]] e falaron por radio co presidente [[Richard Nixon|Richard M. Nixon]] na [[Casa Branca]].
 
Comprobaron que non era difícil camiñar e correr baixo unha gravidade seis veces menor que a da superficie da [[Terra]]. Millóns de persoas puideron seguir a retransmisión vía [[satélite]] do acontecemento. Unha vez de volta ó módulo lunar, os astronautas quitaron os traxes espaciais e descansaron unhas horas antes de engalar. Abandonaron a Lúa en voo vertical deixando na superficie luar a parte inferior do módulo lunar que actuou como plataforma de lanzamento. Esta plataforma tirouse unha vez acoplados o módulo lunar ó módulo de comando, ó que regresaron os dous astronautas.