Colonización española de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
A colonización de América foi efectuada substancialmente pola [[Coroa de Castela]] (ligada ós reinos indianos dinasticamente) e é a continuación dunha primeira expansión e experiencia colonizadora do Reino de Castela nas [[Illas Canarias]], na cal ensaiou por primeira vez a certa escala a experiencia de conquistar, repoboar e administrar un territorio novo, habitado por pobos descoñecidos, asimilándoos e cristianizándoos no proceso. Así, as tres últimas grandes illas de Canarias foron completamente sometidas nos anos 1478-1483 ([[Gran Canaria]]), 1492-1493 ([[La Palma|A Palma]]) e 1494-1496 ([[Tenerife]]) aínda que o impulso colonizador arrinca moito antes, nas outras illas do arquipélago. Esta experiencia e a existencia de fórmulas desenvolvidas para solucionar os problemas de fundación de novas cidades, pactos e enfrontamentos cos naturais do país, designación e atribucións dos Adiantados militares, engrenaxe dos aparellos administrativos: relixioso, civil e militar, foron logo amplamente usadas en América, teñen os seus antecedentes afastados na experiencia da Reconquista e repoboación da [[Península Ibérica]] e explican en parte o éxito da colonización.
 
A partir do [[século XV]], os territorios e nacións [[IndíxenaPobos indíxenas de América|indíxenas]] foron incorporados pola [[Monarquía Española|monarquía española]] a través da Conquista de América, formando parte dun proceso histórico máis amplo denominado [[mercantilismo]], dando lugar ó [[Imperio Español|Imperio español]] en América. Ó longo do [[século XIX]], coa caída do [[absolutismo]] e a transformación de [[España]] nun Estado liberal, ten lugar a independencia hispanoamericana.
 
Grazas á soada bula do papa [[Paulo III, papa|Paulo III]] ''Sublimis Deus'' de [[1537]] que declara Ós indíxenas homes con todos os efectos e capacidades de cristiáns, houbo un gran contraste entre a colonización española, a anglosaxoa e francesa en América.<ref>[http://hispanismo.org/temas-de-portada/3166-contraste-entre-la-colonizacion-espanola-la-anglosajona-y-francesa-en-america.html Contraste entre la colonización española, la anglosajona y francesa en América]</ref> No [[Imperio Español]] a unidade social concibíase a través da unidade da Fe da [[Igrexa católica]].