Olaría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Historia: Homónimo
m →‎Historia: Arranxos varios
Liña 4:
 
== Historia ==
Os primeiros obxectos de olaría aparecen no período [[Gravetiense]] ([[Paleolítico Superior]]) e trátase de pequenas representacións de divindades materiais e de culto á fertilidade como a chamada [[Venus de Dolní Věstonice]] datada arrdor de 29&nbsp;000 ou 25&nbsp;000&nbsp;a.&nbsp;C.<ref>Sureda (1988) p. 94</ref> Unha das pezas máis antigas que se coñecen é unha vasilla do [[período Jōmon]] da época da prehistoria do [[Xapón]] (10&nbsp;000&nbsp;a.&nbsp;C. / 8000&nbsp;a.&nbsp;C.), peza que se expón no [[Museo Nacional de Tokio]]. O seu nome vén das marcas de corda coas que está decorada.<ref>Monreal y Tejada (1988) p. 370</ref> Atopáronse outras evidencias na conca do [[río Amur]] en Rusia que revelaron rastros de cerámica que datan do 14&nbsp;000 - 13&nbsp;000&nbsp;a.&nbsp;C.<ref>'AMS 14C Age Of The Earliest Pottery From The Russian Far East; 1996-2002.' Derevianko A.P., Kuzmin Y.V., Burr G.S., Jull A.J.T., Kim J.C. Nuclear Instruments And Methods In Physics Research. B223-224 (2004) pp. 735-739 {{en}}</ref><ref>'Radiocarbon Dating Of Charcoal And Bone Collagen Associated With Early Pottery At Yuchanyan Cave, Hunan Province, China.' Boaretto E, Wu X, Yuan J, Bar-Yosef O, Chu V, Pan Y, Liu K, Cohen D, Jiao T, Li S, Gu H, Goldberg P, Weiner S. Proceeding Of The National Academy of Science USA. Xuño de 2009. 16;106(24):9595-600.(en inglés)</ref> Existen anacos de olaría que se encontraron no sur da [[China]] e que foron datados por carbono 14 entre o 9000 e o 14&nbsp;000&nbsp;a.&nbsp;C.; en novas escavacións realizadas na cova Xianrendong en [[Jiangxi]] os restos chegan ata o 20&nbsp;000&nbsp;a.&nbsp;C.<ref> {{Cita web|url=http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2012/06/120628_ceramica_antigua_china_cocina_alcohol_jgc.shtml|título=La cerámica más antigua del mundo|dataacceso=2 de xullo de 2012| autor=Pallab Gohsh |editorial=BBC Mundo|data= 29 de xuño de 2012|lingua=es}}</ref>
 
Unha das técnicas que caracterizan as [[cultura neolítica|culturas neolíticas]] e que se considera unha proba para a ordenación cronolóxica é a cerámica ou arxila modelada. As pequenas figuras de arxila cocida xa se atopaban no [[Paleolítico Superior]],<ref>Sureda (1988) p.86</ref> aínda que é no neolítico cando aparece o baleiro a partir do traballo coa arxila e polo tanto se atopa unha utilidade nas vasillas, que se empregan para a elaboración dos alimentos cocinados no lume. No [[próximo oriente]] apareceu cerámica un ou dous milenios anterior á aparición do cultivo dos [[cereal|cereais]], polo que a asociación entre o nacemento da olaría coa práctica [[agricultura|agrícola]] e culinaria é aínda confusa.<ref name="Sur">Sureda (1988) p.87</ref>