Erase Errata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
ligs ints
Liña 4:
| imaxe = [[Ficheiro:Erase Errata in texas 2007.jpg|250px]]
| lenda =
| orixe = [[San Francisco, California]]
| país = {{USAb}}
| período = [[1999]] - actualidade
Liña 14:
}}
 
'''Erase Errata''' é unha banda de [[rock alternativo]] estadounidense procedente de [[San Francisco, California]]. Adoitan citar a [[Captain Beefheart]], [[The Fall]] e [[Minutemen (grupo musical)|Minutemen]] como inspiración. O grupo usa a improvisación como unha ferramenta de composición e cada unha das súas actuacións é unha manifestación única das súas cancións.
 
== Historia ==
Erase Errata formouse en [[Oakland, California]] en [[1999]] e rapidamente gañou fama en todo o país despois da edición do seu 7" de estrea, ''Erase Errata'', e grazas a xiras ao lado da banda de electro grrl [[Le Tigre]] e ao grupo de [[noise rock]] [[Melt Banana]]. Lanzaron o seu aclamado primeiro álbum ''[[Other Animals]]'' en [[2001]], seguido de ''[[At Crystal Palace]]'' en [[2003]], ambos a través do selo Troubleman Unlimited. O grupo comezou a contar entón con [[Sonic Youth]], [[Mission of Burma]] e [[The Ex]] entre os seus seareiros.
 
Despois de que a guitarrista fundadora Sara Jaffe deixase Erase Errata en [[2004]], a vocalista Jenny Hoyston pasouse á guitarra e durante un tempo a banda víuse forzada a ter un vocalista masculino chamado Archie McKay. Finalmente o grupo converteuse nun trío, con Hoyston como guitarrista e vocalista. No ano [[2006]] editaron o álbum ''[[Nightlife]]'', pasando a formar parte do plantel do selo Kill Rock Stars.