Diferenzas entre revisións de «Universidade de California en Berkeley»

lig int
(ligs ints)
(lig int)
En [[1866]] a propiedade na cal esta localizada a universidade foi mercada por Henry Durant co obxectivo de construír unha escola privada. Dados os problemas financeiros de Durant, este aceptou a intromisión do estado de California. O resultado de tal acción foi a unión do proxecto inicial cunha escola pública que o goberno impulsara. De tal mestura xurdiu a universidade tal como se coñece.
 
Inaugurada en [[Oakland, California|Oakland]] en [[1868]], a nova facultade trasládasetrasladouse á súa localización actual cinco anos despois trala construción dos primeiros edificios do campus. Nese momento o corpo estudantil consiste en 167 homes e 222 mulleres.
 
A universidade recibiu atención mundial por primeira vez durante principios e mediados do século XX, cando experimentou unha época dourada nas ciencias físicas, químicas e biolóxicas. Algúns dos descubrimentos máis abraiantes asociados co campus desa época foron o achado de catorce elementos químicos mais pesados que o uranio e o illamento do [[polio]]. O xefe do [[Proxecto Manhattan]], [[Robert Oppenheimer|J. Robert Oppenheimer]], era catedrático de física en Berkeley. Descubrimentos máis recentes inclúen o desenvolvemento da tecnoloxía clave asociada co internet e o movemento de programas en liña gratuítos (fonte aberta).