George Gervin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
lig int
Liña 52:
Foi elixido no [[NBA Draft|draft]] de [[1974]] na cuarta elección da terceira rolda por [[Phoenix Suns]], franquía na que nunca chegou a xogar. De feito, a súa carreira profesional comezou dous anos antes, na desaparecida liga [[American Basketball Association|ABA]], nos [[Virginia Squires]], de onde pasou ao ano seguinte a [[San Antonio Spurs]], equipo que aínda competía na ''liga do balón tricolor''. Con eles deu o salto á [[NBA]], e na súa segunda tempada na devandita liga, conseguiu un dos fitos máis rechamantes desta competición: anotou 63 puntos no último partido da liga regular para así superar a [[David Thompson]] como máximo anotador da tempada por tan só 6 centésimas de punto (27,21 puntos por partido polos 27,15 de Thompson). Foi a primeira de tres tempadas consecutivas logrando ser o [[Máximos anotadores da NBA por tempada|máximo anotador]] da liga. Posteriormente lograríao unha cuarta vez, en [[1982]]. Só [[Wilt Chamberlain]] e [[Michael Jordan]] gañaron máis [[Máximos anotadores da NBA por tempada|títulos de mellor anotador]] que os catro de Gervin.
 
En nove tempadas cos Spurs, conseguiu cinco títulos de campión da [[División Medio Oeste]] (Midwest Division). Ademais, fixo de media 27 puntos por partido nos [[play-off]]s. Acabou a súa carreira con 33 anos nos [[Chicago Bulls]]. Conservaba un record da NBA, o de máximo anotador nun único cuarto de partido, con 33 puntos, logrado na temporada {{nbay|1977}}, até que foi superado por [[Klay Thompson]] dos [[Golden State Warriors]], quen marcou 37 no terceiro período contra os [[Sacramento Kings]] no [[Oracle Arena]] de [[Oakland,]] ([[California|Oakland]]) durante a temporada {{nbay|2014}}.
 
Despois de deixar a [[NBA]] xoga na [[Pallacanestro Virtus Roma|Virtus Roma]] da [[Lega Basket Serie A|Lega]], nos [[Quad City Thunder]] da [[Continental Basketball Association|CBA]], para retirarse finalmente na [[Liga ACB|liga española de baloncesto]], xogando no [[TDK Manresa]] con 38 anos, onde fixo unha media de 25 puntos por partido e sendo clave para que o equipo se mantivese na [[Liga ACB|ACB]].<ref>{{cita web|url=http://www.acb.com/redaccion.php?id=43884|título=George Gervin: una leyenda entre nosotros|autor=Ortiz, Javier|lingua=castelán|dataacceso=23 de marzo de 2015}}</ref>