Túnidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m →‎Véxase tamén: {{Galizionario}}
Unhanova (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 63:
 
== Diferenciación de especies ==
Boa parte dos atúns son morfoloxicamente moi parecidos, polo que a diferencianción das especies non sempre é doada. As dificultades aumentan no caso de presentarse conxelados (polos cambios que sofre a coloración da pel e aletas e pola posible rotura e perda destas) e no caso de existir exemplares xuvenís, que non sempre mostran ben definidos os trazos característicos. Para recoñece-la especie cómpre atender principalmente á presenza de marcas de cor nas diferentes zonas do corpo, en canto á forma e distribución das manchas, así como ó tamaño relativo da aleta pectoral (se non alcanza a altura da segunda dorsal, se chega ata a súa altura ou se a sobrepasasupera. En estado fresco cómpre fixarse na cor das aletas (dorsais, caudal e pínnulas). Pode tamén recorrerse a observa-la superficie inferior do fígado (se presenta ou non estrías) e ó reconto dos pequenos dentes que presente o primeiro arco branquial. O tamaño do exemplar ten unha importancia relativa polo que dixemos da posible presenza de exemplares xuvenís.
 
Na web de ''Atuntuna'' pode atoparse unha [http://web.archive.org/web/20070515161306/http://www.terra.es/personal/atuntuna/atunref.htm Guía de referencia para o recoñecemento dos atúns].
Liña 75:
 
== Aproveitamento pesqueiro ==
Algunhas variedades, como o [[atún|atún vermello]] e o [[atún de aleta amarela]] son obxecto de diferentes proxectos pesqueiros ao longo e ancho do globo, asiasí mesmo as tempadas de pesca, as zonas e as cotas de captura son reguladas por diferentes organizacións e gobernos.
 
Un importante problema medioambiental que presenta a pesca do atún é a posibilidade de capturar con eles outras especies protexidas, como é o caso dalgúns [[golfiño]]s. A capacidade dos atúns para detecta-los bancos de peixe dos que se alimentan é aproveitada polas mandas de golfiños, que acoden onda eles a comer dos mesmos bancos. Á súa vez, os pescadores poden detecta-la presenza das mandas de golfiños, que nadan na superficie e así saben que é probable que estean sobre un banco de atúns. Deste xeito, cando o barco lanza as redes rodea con elas tanto os propios atúns como os golfiños, provocando a captura e morte destes últimos. Para evitar este efecto negativo sobre os golfiños, catalogados como especies protexidas, establecéronse medidas correctoras nas redes que permitan a súa saída do cerco e a presenza de observadores independentes a bordo do barco. Simultaneamente, o atún capturado de acordo con estas reservas etiquétase co símbolo ''[[Dolphin safe]]'' (ou ''Dolphin free''), que certifica que foi capturado mediante técnicas que respectan a [[biodiversidade]].
Liña 142:
As diferentes especies de atúns son moi apreciadas para o consumo humano tanto en fresco como conxelado ou, principalmente, en [[conserva]]. Caracterízanse pola súa riqueza en [[graxa]], de ó redor do 12%, e [[proteína]]s de alto valor biolóxico (sobre un 23%). Tamén son ricos en [[vitamina]]s, sobre todo nas do grupo [[vitamina B|B]], entre as que destaca a [[vitamina B12|vitamina B<sub>12</sub>]] <ref>O contido en vitamina B<sub>12</sub> nos atúns sobrepasa o de carnes, ovos e queixo, alimentos considerados tradicionalmente como fonte natural desta vitamina.</ref>. Como peixes graxos que son, támén son ricos en vitaminas liposolubles, especialmente as vitaminas [[vitamina A|A]] e [[vitamina D|D]].
 
Á hora de preparalo en fresco deben facerse sempre preparacións curtas para evitar que a carne seque de máis. Pode prepararse tanto en toros á prancha, á grella, ó forno, asado etc., como esmiuzado en trozosanacos máis ou menos grandes, en [[estufado]]s ou como ingrediente doutros pratos, como [[albóndiga]]s, [[empanada]]s, recheos etc.
 
O ''[[carpaccio]]'' de atún é unha forma de consumo relativamente nova pero cada día máis en auxe. En [[Andalucía]] é moi apreciado o atún desecado (''mojama''), elaborado a base de lombos de atún salgados e secados ó aire.