Rijksmonument: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazóns internas.
Liña 1:
[[Ficheiro:Monumentenbordje_2014.svg|miniatura|Emblema ''Rijksmonument'', presentado en [[2014]]]]
Un '''''rijksmonument''''' (pronuncia [[Lingua neerlandesa|neerlandesa]]: [ˈrɛiksmoːnyˌmɛnt]) é un lugar ou un [[edificio]] catalogado como '''monumento nacional dos Países Baixos''', segundo a listaxe da Axencia Nacional do Patrimonio Cultural (''Rijksdienst voor het Cultureel Erfgoed'' -RCE-), en representación do Ministerio de Educación, Cultura e Ciencia dos [[Países Baixos]].<ref>"[http://www.erfgoeddrenthe.nl/assets/gids-monumentaal-wonen-2013.pdf Wat is een monument]". En ''Monumentaal wonen (en neerlandés)''</ref>
 
== Historia e criterios ==
Para a súa designación como ''rijksmonument'', un sitio ten que ter máis de medio [[século]] como criterio principal excluínte, á parte doutros adicionais. Ao longo do país hai arredor de 62.000 monumentos que gozan desta consideración.<ref>"[https://www.monumenten.nl/soorten-monumenten/rijksmonument Rijksmonument]". En ''Monumenten.nl (en neerlandés)''</ref><ref>"[https://www.erfgoedmonitor.nl/indicatoren/gebouwde-rijksmonumenten-aantal Gebouwde rijksmonumenten - aantal]". En ''Erfgoedmonitor,nl (en neerlandés)''</ref>
 
O programa iniciouse na [[Haia]] en [[1954]], no seo dunha convención onde se estableceron as regras de protección de edificios en caso de [[conflito armado]]. A [[Lei|lexislación]] [[Países Baixos|neerlandesa]] actual nesta materia é a Lei de Monumentos (''Monumentenwet''), de [[1988]].<ref>"[https://cultureelerfgoed.nl/dossiers/erfgoedwet/overgangsrecht-monumentenwet-1988-naar-omgevingswet Overgangsrecht Monumentenwet 1988 naar Omgevingswet]". En ''Cultureelerfgoed.nl (en neerlandés)''</ref>
 
A organización respondable da protección dos monumentos, que nun principio se denominaba ''Monumentenzorg ''("Coidado de monumentos"), transformouse na actual ''Rijksdies¡nst voor het Cultureel Erfgoed'' ("Axencia Nacional do Patrimonio Cultural").