Imperio Mongol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 140:
Nos anos [[1250]], só no goberno de [[Mongke]], fillo de [[Tolui]], as conquistas foron retomadas. Especial significación tiveron as comandadas con gran autonomía por [[Hulagu Khan]]: en [[1256]] os asasinos da [[Persia]] foran destruídos e en [[1258]] [[Bagdad]] foi conquistada, poñendo fin ao agonizante [[Califato Abasida]]. Axiña foi a vez da [[Siria]]. Ao mesmo tempo na Europa hai un novo ataque contra a Polonia , liderado polo xeneral [[Nogai]]. Velaí que en [[1259]] [[Mongke]] morre e [[Hulagu Khan]] tivo que volver para a elección do novo khan, e as forzas de guarnición que mantivo foron derrotadas e expulsadas polos [[Mamelucos]], liderados por [[Baibars]], que lles inflixiu en [[1260]] unha derrota na batalla de [[Ain Jalut]], na [[Palestina]].
 
Tras a morte de [[Mongke]], iniciouse un proceso de división en [[canatos]] independentes dos territorios do Imperio. Para suceder Mongke, [[Berke]], khan da [[Horda Dourada]], apoiou a [[Arik Boke]], mentres que Hulagu apoiou a Khublai, quen tras derrotar ao seu irmán asumiu o trono emen [[Karakorum]], tras as disputas que tiveran como resultado a aparición de rifas que levaran á fragmentación do Imperio.
 
[[Ficheiro:YuanEmperorAlbumKhubilaiPortrait.jpg|miniatura|200px|dereita|Retrato chinés de Khublai Khan, realizado pouco despois da súa morte.]]