Aquilino Iglesia Alvariño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 41:
Formouse no [[Seminario de Mondoñedo]], mais en [[1931]] abandonou a carreira eclesiástica ao nono acadar unha bolsa para continuar estudos en [[Roma]]. Logo de facer o [[servizo militar]] en [[Ferrol]], en [[1933]] instalouse en [[Santiago de Compostela]], onde traballou como corrector de probas para a [[Editorial Nós]] e como director do semanario ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'', voceiro do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. No verán dese mesmo ano é contratado polo colexio León XIII de [[Vilagarcía de Arousa]] como profesor de [[latín]], en substitución de [[Xosé Crecente Vega]]. Nesta vila recibiu clases de inglés do enxeñeiro [[Charles Lessner]].
 
En [[1944]] rematou a licenciatura de Filosofía e Letras pola [[Universidade de Santiago de Compostela]], e en [[1949]] aprobou as oposicións como catedrático de latín de Ensino Medio<ref>[https://web.archive.org/web/20110816063124/http://elprogreso.galiciae.com/nova/33326.html "Xerais publica unha monografía sobre Aquilino Iglesia Alvariño"], ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'', 11 de xuño de 2009.</ref> e responsábel desta materia en institutos de [[Lugo]] e [[IES Sánchez Cantón|Pontevedra]] e máis tarde no Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. En [[1947]] leu o seu discurso de ingreso na [[Real Academia Galega]], sobre a lingua literaria nos poetas do norte da provincia de Lugo.
 
En setembro de 1927 recibiu o seu primeiro premio literario por "Violetas de Francia", un poema en castelán sobre [[Tareixa de Ávila]]. Traduciu ao galego textos de autores clásicos grecolatinos como [[Horacio]], [[Teócrito]] e [[Tibulo]]. A súa poesía inscríbese dentro da corrente iniciada por [[Noriega Varela]] que deu en chamarse humanismo paisaxista ou neovirxilianismo, compartida con autores coma [[Xosé María Díaz Castro]] ou Crecente Vega.