Michelle Bachelet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios, replaced: {{referencias}} → {{Listaref}}
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 55:
Filla de Alberto Bachelet, xeneral de brigada da [[Forza Aérea de Chile]] e membro do goberno da Unidad Popular liderado por [[Salvador Allende]], Michelle Bachelet estudou medicina na [[Universidade de Chile]], período en que ingresou nas filas do [[Partido Socialista de Chile|Partido Socialista]]. Tras o [[golpe de Estado do 11 de setembro de 1973]], o seu pai foi detido pola ditadura militar, falecendo en prisión, e Michelle xunto coa súa nai, Ángela Jeria, pasou á clandestinidade. En 1975 ambas foron detidas en Villa Grimaldi polos organismos represivos da ditadura, antes de partir ao exilio.
 
En 1979 regresou ao país e sumouse a diversos movementos contrarios á ditadura de [[Augusto Pinochet]]. Co retorno da democracia, Bachelet desenvolveu unha carreira política de baixo perfil, que cambiaría radicalmente ao asumir como ministra de Saúde durante o goberno de [[Ricardo Lagos Escobar]] en 2000. En 2002, asumiu como ministra de Defensa, sendo a primeira muller do país e de Iberoamérica en ocupar dito posto.<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2005/12/10/internacional/1134222473.html "Michelle Bachelet: mujer, izquierdista y agnóstica"]</ref> Nesa posición, Bachelet convertiuseconverteuse nunha figura de gran popularidade sendo designada posteriormente como candidata presidencial da [[Concertación de Partidos por la Democracia]] para as eleccións presidenciais de 2005, as cales gañou o 11 de decembro dese ano e o 11 de xaneiro de 2006 en primeira e segunda volta, respectivamente.
 
A elección de Bachelet como [[Presidente de Chile|presidenta de Chile]] marcou un dos maiores fitos na historia republicana do país ao ser a primeira muller electa para exercer o máximo cargo gobernamental. Pese ás altas cifras de aprobación e popularidade ao iniciar o seu mandato, ao termo da que se chamou «lúa de mel», Bachelet debeu afrontar unha serie de diversos conflitos, de entre os cales sobresaen a ''[[movilización estudiantil de 2006 en Chile|Revolución pingüina]]'' —iniciada a menos de dous meses de comezar o seu goberno— e a [[crise do Transantiago]] —ao ano seguinte—, que xeraron fortes divisións e crises na coalición de goberno como así mesmo durísimas críticas e reproches por parte da [[Alianza por Chile|oposición]]. Porén, ao empezar a segunda metade do seu mandato, o «sello social» dos dous restantes anos —que permitiu unha importante reforma ao sistema previsional— e a ben avaliada xestión da [[Crise económica de 2008-2013|crise económica mundial de 2008]], permitiu que Bachelet repuntara as súas cifras de popularidade, alcanzando cifras históricas de apoio a nivel latinoamericano;<ref>[http://www.emol.com/documentos/archivos/2009/10/20/20091020181216.pdf "Informe de Prensa, Encuesta Nacional Octubre de 2009"]</ref> no plano internacional, Bachelet foi avaliada entre as mulleres máis poderosas e influentes do mundo.<ref>[http://www.forbes.com/lists/2008/11/biz_powerwomen08_Michelle-Bachelet_Z2QJ.html "The 100 Most Powerful Women - #25 Michelle Bachelet"]</ref><ref>[http://www.forbes.com/lists/2007/11/biz-07women_Michelle-Bachelet_Z2QJ.html "The 100 Most Powerful Women - #27 Michelle Bachelet"]</ref><ref>[http://www.forbes.com/lists/2006/11/06women_Michelle-Bachelet_Z2QJ.html "The 100 Most Powerful Women - #17 Michelle Bachelet"]</ref> A poucas semanas do termo do seu goberno, en febreiro de 2010, tivo que afrontar un [[Terremoto de Chile de 2010|terremoto de magnitude 8,8]] que azotou a zona centro sur do país, que produciu, ademais, un forte tsunami que impactou as costas chilenas. Ambos eventos destrutivos deixaron un saldo de 525 persoas mortas e 25 desaparecidas.