Doentes (filme): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 4563812 de 88.18.153.197 (conversa)
Liña 31:
[[Santiago de Compostela]], década de 1950. Os enfermos acollidos no [[Hostal dos Reis Católicos]] son botados á rúa, dado que pecha como [[hospital]] e pasa a ser un [[hotel]] de luxo, para albergar persoeiros estranxeiros, como o presidente dos [[Estados Unidos de América]], [[Dwight D. Eisenhower]], quen visitou a cidade pouco despois.
 
Don Valeriano e Cañete comezan unha peregrinaxeperegrinación na procura dun lugar onde pasar a noite, e descobren que a policía está a apresar xente porque ao día seguinte estarán de visita [[Francisco Franco]] e mais a súa muller, [[Carmen Polo]]. Don Valeriano leva unha talla en madeira de [[San Serapio]] para lla dar a Carmen Polo, mais hai un trasacordo co intermediario e finalmente levan a figura canda a eles toda a noite.
Pasan a noite perseguidos por membros dun [[requeté]] de [[Falange Española Tradicionalista y de las JONS|falanxistas]], que os acusan de roxos.
 
Ambos os dous son pais de membros da loita antifranquista, e Cañete prometéralle ao seu fillo, xa morto, que procuraría matar o xeneralísimo. Don Valeriano pide axuda a membros do [[Partido Comunista de Galicia|Partido Comunista]] na clandestinidade, mais estes optan pola loita política no canto da militar porque obedece mellor aos fins da súa loita. Pensan en falar con xente do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]], pero din que están máis pendentes da loita literaria.
 
Tras unha falcatruada, mexar por riba dun municipal, son levados a comisaría, mais déixanos ceibes por falta de espazo. Finalmente os requetesrequetés danlle unha malleira a Cañete, e Don Valeriano intenta matar a Franco pola súa conta.
 
== Elenco ==