Doentes (filme): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 32:
 
Don Valeriano e Cañete comezan unha peregrinaxe na procura dun lugar onde pasar a noite, e descobren que a policía está a apresar xente porque ao día seguinte estarán de visita [[Francisco Franco]] e mais a súa muller, [[Carmen Polo]]. Don Valeriano leva unha talla en madeira de [[San Serapio]] para lla dar a Carmen Polo, mais hai un trasacordo co intermediario e finalmente levan a figura canda a eles toda a noite.
Pasan a noite perseguidos por membros dun requetégrupo de [[Falange Española Tradicionalista y de las JONS|falanxistas]], que os acusan de roxos.
 
Ambos os dous son pais de membros da loita antifranquista, e Cañete prometéralle ao seu fillo, xa morto, que procuraría matar o xeneralísimo. Don Valeriano pide axuda a membros do [[Partido Comunista de Galicia|Partido Comunista]] na clandestinidade, mais estes optan pola loita política no canto da militar porque obedece mellor aos fins da súa loita. Pensan en falar con xente do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]], pero din que están máis pendentes da loita literaria.