Hugo Grotius: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadíronse ficheiros de imaxe.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Inclusión de notas.
Liña 29:
 
== Traxectoria ==
Hugo Grotius foi un [[neno prodixio]]: aos nove anos coñecía a [[poética]] e facía [[Poesía|versos]] de calidade; comezou os estudos de [[Dereito]] aos 11 anos na [[Universidade de Leiden]], en [[1594]], e [[Grao académico|graduouse]] catro anos máis tarde na [[universidade]] [[francesa]] de [[Orleáns]] en [[Xurisprudencia]] e [[Filosofía]], onde tamén aprobou cursos de [[Astroloxía]], [[Matemáticas]] e [[Teoloxía]].<ref>En [[1593]], formou parte do grupo de matemáticos de todos os países que intentaron resolver a ecuación de 45 graos de Adrien Romain, onde resultou vencedor François Viète.</ref>
 
En [[1599]] empezou a exercer como xurista na [[Haia]] e en [[1609]] comezou a publicación de tratados de Dereito co seu ''Mare liberum'', sobre o dereito do mar, de xeito anónimo. En [[1613]] formou parte dunha misión diplomática a [[Inglaterra]].
Liña 37:
Os anos que estivo en prisión, nos que se dedicou a [[Lectura|ler]] con intensidade, acabaron coa súa fuxida a [[París]] en [[1621]] con axuda da súa esposa María van Reigersberg. Protexido por Nicolás Peiresk, obtivo unha pequena pensión que completaba co seu traballo como escritor.
 
Regresou a Holanda en [[1631]], pero tivo que fuxir de novo o ano seguinte e foi refuxiarse a [[Hamburgo]]. Por mediación dun alto [[diplomático]] [[Suecia|sueco]] volveu a París como [[embaixador]] de Suecia durante o reinado de [[Cristina de Suecia]], cargo que exerceu ata [[1644]].<ref>Miller (2014). Páxinas 2, 3, 4 e 8.</ref>
 
Grotius faleceu na cidade alemá de Rostock durante unha viaxe a Suecia.<ref>Necrolóxica de Hogo Grotius en ''Le Moniteur des Indes-Orientales et Occidentales''. V<abbr>ol.</abbr> 3. <abbr>2ª</abbr> parte. 1847-1848. Páxina 3 ''(en francés)''</ref>
 
== Obra ==
Liña 57:
Grotius sentou unha das bases máis importantes do ''Ius gentium ''("[[Dereito de xentes]]"), na súa obra ''Mare Liberum''. Desenvolveu a súa teoría distinguindo entre [[mar]] próximo (dálle certos dereitos ao Estado) e mar oceánico, que é totalmente libre. Sostén que debe haber libre [[comunicación]] e [[navegación]], posto que o mar non é propiedade de ninguén e todos os países teñen o dereito de tirar proveito del, tese á que se opuxo o [[inglés]] [[John Selden]], na súa obra ''Mare clausum''. A disputa sobre a propiedade ou a [[nacionalidade]] das augas tiña un transfondo [[Economía|económico]], xa que afectaba o comercio internacional. ''Mare liberum'' é parte dunha obra maior, ''De iure praedae'', inédita ata [[1868]].
[[Ficheiro:Hugo Grotius and Catholic Maria Van Jesse.JPG|miniatura|[[Estatua]] de Hugo Grotius na [[Gran Praza de Delft|Gran Praza]] de [[Delft]], onde naceu, coas [[Torre|torres]] da [[Igrexa de María de Xesé (Delft)|igrexa de María de Xesé]] ao fondo]]
A súa obra ''De iure belli ac pacis'' ([[1625]]) foi o primeiro tratado sistemático sobre o [[dereito internacional]], cuxas bases xa foran sentadas por Francisco de Vitoria, ao que cita abundantemente. Con ela transmitiu e difundiu por [[Europa]] as ideas da [[Escola de Salamanca]]. En ''De iure belli ac pacis'' abandona o concepto de guerra xusta e introduce un novo, o non discriminatorio de "guerra con independencia de xustiza da causa". Sostén que no dereito internacional non existen bos e malos, senón que son todos iguais. De aí o ''iustus hostis'', que considera que o rival é tan xusto coma min, xa que ten os mesmos dereitos. Desenvolve o ''Ius in belo'', ou dereito na guerra, que establece certas regras que parten do concepto de [[humanidade]].<ref>Grotius (1985). Páxina 249.</ref><ref>Grotius (2005). Páxinas 9, 10, 11, 19 e 20.</ref><ref>Miller (2014). 9 a 24.</ref><ref>Forde (1998). Páxina 639-640.</ref><ref>Haakonssen (1985). Páxinas 240-245.</ref>
== Obras principais ==
A [[biblioteca]] do [[Pazo da Paz]] (''Vredespaleis''), na Haia, alberga a "Colección Grotius", que contén un gran número de libros escritos por Hugo Grotius ou ben por outros autores sobre a súa figura. A colección iniciouse grazas á doazón feita polo poeta holandés [[Martinus Nijhoff]] de 55 edicións da obra ''De iure belli ac pacis libri tres''.
Liña 90:
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
* Miller, Jon. "Huho Grotius". En ''Stanford Encyclopedia of Philosophy''. 2014 ''(en inglés)''
* Forde, Steven. "Hugo Grotius on Ethics and War". En ''The American Political Science Review''. Nº 3. 1998 ''(en inglés)''
* Haakonssen, Knud. "Hugo Grotius and the History of Political Thought". En ''Political Theory''. Vol. 13:239-265. 1985 ''(en inglés)''
* Grotius, Hugo. ''Le droit de la guerre et de la paix''. Presses Universitaires de France. París, 2005 ''(en francés)''
* Haggenmacher, Peter. Grotius et la doctrine de la guerre juste.Presses Universitaires de France. París, 1983 ''(en francés)''
* De la Reza, Germán A. ''La invención de la'' paz. ''De la República cristiana del duque de Sully a la Sociedad de Naciones de Simón Bolívar.'' Siglo XXI Editores. México, 2009. [<nowiki/>[[Special:BookSources/9786070300546|<nowiki>ISBN 9786070300546]</nowiki>]].