Faia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 34:
É infrecuente fóra da [[Cordilleira Cantábrica]] ou os [[Pireneos]].
En [[Galicia]], os faiais, por estar en contacto con [[carballeira]]s e bosques de [[cerquiño]]s non teñen as súas características típicas.
Hai tamén faias nas ladeiras do [[Moncayo]], no parque natural dos [[Portos de Tortosa-Beceite]] ([[Provincia de Tarragona|Tarragona]]), sendo o faial máis meridional de España, e nalgúns bosques do Sistema Central, en [[Faial de Tejera Negra|Tejera Negra]] ([[provincia de Guadalaxara|Guadalaxara]]), [[Faial da Pedrosa|a Pedrosa]] ([[Segovia]]) ou en [[Faial de Montejo|Montejo de la Sierra]] ([[Comunidade de Madrid|Madrid]]). En [[Ciñera de Gordón]] ([[provincia de León|León]]) atópase un dos faiais mellor conservados. Tamén é frecuente nas [[montañas do País Vasco]] e o [[Val do Rudrón]] ([[Burgos]]). O límite occidental da súa distribución ibérica está no [[Parque Nacional da Peneda-Gerês]], no norte de Portugal, e o límite occidental costeiro atópase no concello de [[Valdés]] ([[Asturias]]). Nesta última comunidade destaca o maior faial da comunidade, o de Mosteiro de Hermo en [[Cangas del Narcea]] a moi poucos quilómetros da maior [[carballeira]] de Europa, a de [[Muniellos]].
 
== Notas ==