Diferenzas entre revisións de «Ernest Lawrence»

lig int
(lig int)
O primeiro modelo de ciclotrón estaba feito de arame e cera, e probablemente custaba menos de 25$ en total. E funcionou: cando Lawrence aplicou 2.000 voltios de electricidade ao seu ciclotrón artesanal obtivo proxectís de 80.000 voltios. Mediante máquinas cada vez maiores, Lawrence foi capaz de proporcionar o equipamento necesario para os experimentos de física de altas enerxías. Ao redor deste dispositivo, Lawrence construíu o seu [[Lawrence Berkeley National Laboratory|laboratorio de radiación]], que sería un dos laboratorios máis avanzados no tocante á investigación en física. Recibiu a patente do ciclotrón en 1934, que concedeu á [[Research Corporation]]. En 1936 pasou a ser director do laboratorio de radiación da universidade, cargo que exercería ata a súa morte.
 
En novembro de 1939 Lawrence gañou o [[Premio Nobel de Física]] polo seu traballo no ciclotrón e as súas aplicacións. A cerimonia celebrouse en [[Berkeley,]] ([[California|Berkeley]]) debido á [[segunda guerra mundial]]. Lawrence recibiu a súa medalla do Cónsul Xeral de [[Suecia]] en [[San Francisco]].
 
[[Ficheiro:Alpha 1 racetrack, Uranium 235 electromagnetic separation plant, Manhattan Project, Y-12 Oak Ridge.jpg|esquerda|miniatura|250px|Plantas de [[calutron]] xigantes desenvolvidas no laboratorio de Lawrence que se usaron no [[Oak Ridge National Laboratory]] durante a segunda guerra mundial para purificar uranio para o seu uso na primeira [[bomba atómica]].]]