O discreto engado da burguesía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m Arranxos varios, replaced: {{Cite web → {{Cita web
Liña 22:
| recadación =
}}
'''''O discreto engado da burguesía''''' (en francés ''Le Charme discret de la bourgeoisie'') é un [[cinema de Francia|filme francés]] de 1972 dirixido polo realizador español [[Luis Buñuel]]. Como en moitas das súas longametraxes pódense observar escenas propias do [[surrealismo]]. Na [[45ª edición dos Oscar]] gañou o [[Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa]] e foi candidato ao [[Oscar ó mellor guión orixinal|premio ao mellor guión orixinal]].<ref name="Oscars1973">{{CiteCita web|url=http://www.oscars.org/oscars/ceremonies/1973 |title=The 45th Academy Awards (1973) Nominees and Winners |accessdate=30-11-2011|work=oscars.org}}</ref>
 
Foi estreado en galego pola [[TVG]] o 4 de maio de 1991.<ref>''La Voz de Galicia'', 4 de maio de 1991. Páx. 62</ref>
Liña 48:
Tras anunciar que ''[[Tristana]]'' (1970) sería o seu último filme,<ref>Wakeman, John. ''World Film Directors, Volume 1''. The H. W. Wilson Company. 1987, p. 88.</ref> porque sentía que se repetía, Buñuel reuniuse co seu guionista [[Jean-Claude Carrière]] e discutiu sobre o tema da repetición. Pouco despois o produtor [[Serge Silberman]] faloulle dunha anécdota, na que esquecera unha cea e fora sorprendido por seis amigos esfameados que se atopaban na súa porta. Buñuel sentiuse de súpeto inspirado e Silberman acordou darlle 2000 dólares para escribir o guión con Carrière, combinando a anécdota coa idea da repetición. Escribiron a primeira versión en tres semanas e acabaran a quinta no verán de 1971. Silberman conseguiu os cartos para o filme en abril de 1972 e comezou a preprodución.<ref>Baxter, John. ''Buñuel''. New York: Carroll & Graf Publishers, Inc.. 1994. {{ISBN|0-7867-0506-X}}. p. 299.</ref><ref name="Wakeman. pp. 88-89">Wakeman, pp. 88-89.</ref>
 
Buñuel contratou varios actores cos que xa traballara como [[Fernando Rey]] e [[Michel Piccoli]]. A rodaxe comezou o 15 de maio de 1972 e durou dous meses. O director rodou poucas tomas e mesmo [[montaxe|montaba]] o filme na cámara e durante a produción. Buñuel e Silberman tiveron unha discusión longa e humorística sobre se Buñuel tardaba un día ou día e medio en montar os seus filmes.<ref name="Baxter. pp. 301">Baxter, p. 301.</ref>
 
== Premios ==
Liña 66:
 
{{ORDENAR:Discreto engado da burguesía}}
 
[[Categoría:Cine en 1972]]
[[Categoría:Cine producido en Francia‎]]