Xoán I de Brabante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 23:
Alcanzada a maioría de idade, Adelaida convocou en Kortenberg aos representantes das cidades e os señoríos a unha asemblea, celebrada o [[23 de maio]] de [[1267]], na que Henrique renunciou a todos os seus dereitos ao ducado en favor do seu irmán, retirándose logo a un mosteiro en [[Dijon]].<ref>Van Hasselt, ''Historia de Béljica y Holanda'', pp. 138-139.</ref>
 
Xoán buscou a aproximación a Francia, casando en 1269 con Margarida, filla de [[Luís IX de Francia|san Luís rei de Francia]], morta de parto só tres anos despois, e en 1274 propiciou o enlace da súa irmá María co rei [[Filipe III de Francia|Filipe III]], defendéndoa de falsas acusacións. Inmediatamente uniuse ao exército levantado polo seu cuñado en defensa dos dereitos de [[Alfonso de la Cerda]] fronte a [[Sancho IV de Castela|Sancho IV de Castela.]]. Máis adiante, en 1285, participou tamén na [[Cruzada contra a coroa de Aragón|Cruzada de Aragón]].
 
== Incorporación do ducado de Limburgo ==
En 1283, ao morrer sen descendencia Ermengarda, duquesa de Limburgo, o emperador [[Rodolfo I de Habsburgo]] decidiu entregar o ducado en calidade de usufruto ao viúvo de Ermengarda, [[Reinaldo I de Güeldres|Reinaldo I de Güeldres.]]. Opúxose a tal decisión [[Adolfo V de Berg]], primo de Ermengarda, a quen segundo as leis do país correspondía a herdanza, pero xurdiron tamén outros señores que reclamaban feudos situados no interior do ducado por dereito de devolución, entre eles o arcebispo de Colonia e o bispo de [[Liexa]]. Non podendo facer valer as súas pretensións polas armas, o conde de Berg vendeu os seus dereitos ao ducado a Xoán I de Brabante, que iniciou a súa conquista. Na guerra pola sucesión do ducado víronse involucrados varios dos estados veciños, alargándose a contenda por espazo de cinco anos. A guerra concluíu coa [[batalla de Worringen]] (xuño de 1288), na que morreu [[Henrique VI de Luxemburgo|Henrique VI]], [[conde de Luxemburgo]], aliado de Reinaldo de Güeldres, e o propio Reinaldo xunto co arcebispo de Colonia resultaron cativos. A vitoria permitiu a Xoán incorporarse o ducado de Limburgo ao que renunciou Reinaldo un ano máis tarde.<ref>Van Hasselt, ''Historia de Béljica y Holanda'', pp. 140-142.</ref>
 
== Últimos anos ==
Liña 40:
=== Bibliografía ===
* Van Hasselt, André e Van Hasselt, M., [http://books.google.es/books?id=gtkkUjXr6Z8C&pg=PA156&dq=juan+iii+de+brabante&hl=es&ei=wLAiToSqAY-D-wapzvylAw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=4&ved=0CDcQ6AEwAzgK#v=onepage&q=juan%20iii%20de%20brabante&f=false Historia de Béljica e Holanda], Barcelona, Imprenta do Imparcial, 1884.
* Wauters, Alphonse, «Jean Ier, dit lle Victorieux», Biographie nationale, Académie royale de Belgique, vol. 10, Bruxelles, 1889, p. &nbsp;201-216.
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Finados en 1294]]