Presión evolutiva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 1:
A '''presión evolutiva''' ou '''presión selectiva''' é a exercida por calquera causa que reduza o éxito reprodutivo dunha poboación nunha proporción significativa.<ref>{{cita web|url=http://www.iscid.org/encyclopedia/Selection_Pressure |título=<i>''Selection Pressure</i>''|editorial=Iscid.org |data= |dataacceso=15 de novembro de 2011}}</ref> Se se produce suficiente presión, nunha poboación poden xeneralizarse os trazos hereditarios que diminúen os seus efectos, incluso os que poderían ser nocivos noutras circunstancias. A presión evolutiva é a descrición cuantitativa da cantidade de cambio acontecido e procesos investigados pola [[bioloxía evolutiva]], mais o concepto oficial aplícase con frecuencia a outras áreas da investigación.
 
En [[xenética de poboacións]], a presión selectiva adoita expresarse como un [[coeficiente de selección]].
Liña 6:
{{Artigo principal|Resistencia a antibióticos}}
 
A [[farmacorresistencia]] nas bacterias é un exemplo de [[selección natural]]. Cando se utiliza un fármaco nunha especie de bacteria, as que non poden resistilo morren e non producen descendencia, mentres que as que sobreviven poden pasar o xene que as fai resistentes á seguinte [[xeración]] (transmisión xenética vertical). Por esta razón, a farmacorresistencia increméntase de xeración en xeración. Por exemplo, nos hospitais, créanse ambientes nos que [[patóxeno]]s como o ''[[Clostridium difficile]]'' desevolven unha resistencia aos antibióticos.<ref name="Dawson">L.F. Dawson, E. Valiente y B.W. Wren. 2009. <i>''''Clostridium'' ''difficile''—A continually evolving and problematic pathogen. Infections, Genetics and Evolution</i>''. 9:1410-1417.</ref> Esta resistencia aos antibióticos agrávase co uso indiscriminado destes fármacos, e actívase se se utilizan para tratar doenzas non bacterianas, ou se toman en cantidades excesivas ou durante un tempo distinto do indicado.<ref>{{cita web|url=http://www.cdc.gov/ncidod/dhqp/ar_mrsa_spotlight_2006.html |título=<i>''CDC - Healthcare-associated infections – HAI</i>''|editorial=Cdc.gov |data= |dataacceso=15 de novembro de 2011}}</ref>
 
=== Infeccións nocosomiais ===
Liña 12:
A bacteria ''[[Clostridium difficile]]'', unha especie [[bacteria grampositiva|grampositiva]] que habita no intestino dos mamíferos, é unha das principais responsables das mortes por [[Infección nosocomial|infeccións nosocomiais]]<ref name="Dawson"/>
 
Cando se perturban as poboaciones simbióticas da [[flora intestinal|flora bacteriana]], por exemplo, con [[antibiótico]]s, o individuo queda máis exposto aos patóxenos. A rápida evolución da [[resistencia a antibióticos]] exerce unha forte presión selectiva sobre os [[alelo]]s da resistencia que se transmiten ás futuras xeracións. A [[hipótese da Raíña Vermella]] mostra que a [[carreira de armamentos evolutiva|carreira evolutiva]] entre bacterias patóxenas e humanos é unha batalla constante para obter atributos que superen ao outro. A carreira entre os factores de virulencia das bacterias, de rápida evolución, e os tratamentos da medicina moderna, esixe que os biólogos especializados na [[evolución]] comprendan os mecanismos de resistencia nestas bacterias patóxenas, sobre todo considerando o crecente número de pacientes infectados nos hospitais. Os factores evolucionados de virulencia representan unha ameaza para os pacientes dos hospitais, en situación de inmunodepresión por enfermidade ou por tratamento con antibióticos. Os factores de virulencia son as características que as bacterias evolucionadas desenvolveron para incrementar a súa capacidade patóxena. Uns dos factores de virulencia do ''C. difficile'' que maior responsabilidade ten na súa resistencia aos antibióticos son as súas toxinas: a enterotoxina e a citotoxina.<ref name="Terrier">M. C. Terrier, M. L. Simonet, P. Bichard y J. L. Frossard. 2014. <i>''Recurrent Clostridium difficile infections: The importance of the intestinal microbiota. World Journal of Gastroenterology</i>'' 20:7416-7423.</ref> As toxinas producen esporas difíciles de desactivar e eliminar do ambiente, sobre todo nos hospitais, onde a habitación dun paciente infectado puede chegar a conter esporas da bacteria durante 20 semanas.<ref>K. H. Kim, R. Fekety, D. H. Batts, D. Brown, M. Cudmore, J. Silva Jr. y D. Waters. 1981. <i>''Isolation of Clostridium difficile from the Environment and Contacts of Patients with Antibiotic-Associated Colitis. The Journal of Infectious Diseases</i>'' 143: 42–50.</ref> Por tanto, a loita contra a rápida difusión destas [[infección]]s depende de que as prácticas hixiénicas do hospital eliminen as esporas do ambiente. Un estudo publicado no ''American Journal of Gastroenterology'' concluíu que para controlar a propagación das infeccións hospitalarias, o uso de luvas e termómetros desbotables, a desinfección e a hixiene das mans son prácticas necesarias nas instalacións sanitarias.<ref>J. Hsu, C. Abad, M. Dinh y N. Sadfar. 2010. <i>''Prevention of endemic healthcare-associated Clostridium difficile infection: reviewing the evidence. American Journal of Gastroenterology </i>''105:2327–39 quiz 2340.</ref> A virulencia deste patóxeno é considerable e pode provocar un cambio radical nos métodos de saneamento utilizados nos hospitais para controlar os gromos de infección.
 
== Selección natural en humanos ==
 
O [[parasito]] da [[malaria]] pode exercer presión selectiva nas poboacións humanas. Esta presión levou á [[selección natural]] de persoas con [[eritrocito]]s que portan a [[mutación]] [[xenética]] que causa a [[anemia falciforme]] nas zonas onde a malaria representa unha seria ameaza para a saúde, porque a enfermidade provoca certa resistencia a esta enfermidade infecciosa.<ref>{{cita web|autor=Kenneth R. Bridges, M.D. |url=http://sickle.bwh.harvard.edu/malaria_sickle.html |título=<i>''Malaria and the Sickle Hemoglobin Gene</i>'' |editorial=Sickle.bwh.harvard.edu |data=2 de abril de 2002 |dataacceso=15 de novembro de 2011}}</ref>
 
== Resistencia a herbicidas e pesticidas ==
Liña 22:
De forma similar ao desenvolvemento de resistencia aos antibióticos nas bacterias, comezou a xurdir resistencia aos [[pesticida]]s e [[herbicida]]s máis comúns na agricultura. Por exemplo:
* En EUA, varios estudos mostraron que a mosca da froita que infesta as laranxeiras está facéndose máis resistente ao [[malatión]], un pesticida que se utiliza contra ela.<ref>Doris Stanley (xaneiro de 1996), [http://findarticles.com/p/articles/mi_m3741/is_n1_v44/ai_18019289 ''Natural product outdoes malathion - alternative pest control strategy'']. Consultado o 15 de septembro de 2007.</ref>
* Na década de 1950, o [[lepidóptero]] ''[[Plutella xylostella]]'' foi a primeira especie en desenvolver resistencia ao [[DDT]]<ref name="Ankersmit">{{cita publicación|autor=Ankersmit, G.W|año=1953|título=<i>''DDT-resistance in Plutella maculipennis (Curt.) (Lep.) in Java</i>''|publicación= Bulletin of Entomological Research|volume=44|páxinas=421–425|doi=10.1017/S0007485300025530}}</ref> e na década de 1990, ás toxinas de ''[[Bacillus thuringiensis|B. thuringiensis]]''.<ref name="Tabashnik1996">{{cita publicación|autor=Tabashnik, B. E. ''et al''|año=1996|título=<i>''Cross-resistance of the diamondback moth indicates altered interactions with domain II of Bacillus thuringiensis toxins</i>''|publicación=Applied and environmental microbiology|volumen=62|páginas=2839-2844|url=http://aem.asm.org/content/62/8/2839.short}}</ref>
* No [[Reino Unido]] as [[rata]]s de certas zonas desenvolveron unha resistencia tan forte ao raticida que poden consumir ata cinco veces a cantidade que mataría unha rata normal.<ref>PBS (2001), [http://www.pbs.org/wgbh/evolution/library/10/1/l_101_02.html Pesticide resistance]. Retrieved on 15 de septiembre de 2007.</ref>
* O [[DDT]] deixou de ser efectivo para controlar o [[Culicidae|mosquito]] que transmite a [[malaria]] en certas zonas, o que ha contribuíu a un rexurdimento da enfermidade.<ref>{{cita web |url= http://www.csic.es/ciencia-y-tecnologias-quimicas;jsessionid=E1277008F7FD8BCDD147A492F5A1441D?p_p_id=contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet&p_p_lifecycle=1&p_p_state=maximized&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-3&p_p_col_pos=2&p_p_col_count=3&_contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet_struts_action=%2Fcontentviewer%2Fview&_contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet_nodeRef=workspace%3A%2F%2FSpacesStore%2Faa6cae36-d52d-4d12-986f-3c53fec4da9c&_contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet_gsa_index=false&_contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet_title=noticias&contentType=news |título= Una mutación causa la resistencia del mosquito portador de malaria al insecticida DDT |dataacceso=30 de xaneiro de 2016 |apelido= |nome= |data= |sitioweb=[[Consejo Superior de Investigaciones Científicas]] |editorial= Ministerio de Economía y Competitividad|idioma= |cita= }}</ref>