Aethelweard (historiador): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 1:
{{biografía}}
'''Aethelweard''' (''Æthelweard'' ou ''Ethelward''), finado c. [[998]], foi un [[Historia|historiadorhistoria]]dor [[Anglosaxóns|anglosaxón]], descendente de [[Aethelred I de Wessex|Aethelred de Wessex]] (que era irmán de [[Alfredo o Grande]]), e ''[[ealdorman]]'' ou "conde das provincias occidentais".
 
== Traxectoria ==
As primeiras cartas que citan a Aethelweard como ''ministro'' xurdiron tras a subida ao trono de [[Eadwig de Inglaterra|Eadwig]], en [[955]], e iso probabelmente estea relacionado co casamento do rei con [[Aelfgifu de Shaftesbury|Aelgifu]], supostamente a súa irmá. Esta Aelgifu é identificada coa nobre deste nome, que no seu testamento deixa legados a un irmán co nome de Aethelweard, e a outro irmán, [[Aelfweard]].
 
Aethelweard asina como duque ou ''ealdorman'' en 973, e foille recoñecida a primacía entre os ''ealdormen'' tras 993. Continúa a asinar como testemuña até 998, cando debeu ocorrer a súa morte. O dominio territorial de Aethelweard era sobre as "provincias occidentais" do país, probabelmente a península suroeste da [[Gran Bretaña|Gran Bretaña]]. Seu irmán Aelfweard, un ''discthegn'' real, ou funcionario doméstico, continúa a asinar como ''ministro'' até 986.
 
En 991, Aethelweard asociouse ao [[Arcebispo de Canterbury|arcebispo]] Sigeric na conclusión dun tratado de paz cos vitoriosos [[Viquingo|viquingosviquingo]]s da [[batalla de Maldon]], e en 994 foi enviado xuntamente co bispo [[Alfege de Winchester]] para facer a paz con [[Olaf Tryggvason]], en Andover, [[Hampshire]].
 
Aethelweard foi amigo e patrono de [[Aelfric de Eynsham]], que no prefacio de súa ''Vidas'' dos santos, en [[inglés antigo]], a dedica a Aethelweard e a seu fillo [[Aethelmaer]].
Liña 25:
Despois de 975, e probabelmente antes de 983, Aethelweard escribiu ''Chronicon'', unha tradución en [[Lingua latina|latín]] da ''[[Crónica anglosaxoa]]'', incluíndo material que non se atopa nas versións sobreviventes en [[inglés antigo]].
 
Aethelweard escribiu a súa obra a petición de súa parente Mathilde [[Abade|abadesaabade]]sa do mosteiro de [[Essen]], [[Alemaña]] e neta do emperador [[Otón I]] e Eadgyth de Wessex, para axudala no deber de manter a lembranza dos parentes mortos. Moi probabelmente Mathilde recompensouno cunha copia da obra ''De Re Militari'', de [[Vexecio]] escrita en Essen e que perdurou longo tempo en Inglaterra.
 
A súa narrativa é altamente retórica, e por veces moi escura. Máis tarde, o historiador medieval [[Guillerme de Malmesbury]] comenta sobre el:
Liña 32:
{{Listaref}}
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua inglesa antiga]]
[[Categoría:Finados en 998]]