Centro penitenciario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
m →‎As prisións na cultura: Donatien Alphonse François de Sade
Liña 32:
En ocasións, os centros penitenciarios forman parte da ambientación de obras literarias ou cinematográficas, ben de forma secundaria, ou ben como eixo central. Así, películas como ''[[Cela 211]]'', ''[[A grande evasión]]'' ou ''[[The Rock]]'', e series como ''[[Prison Break]]'' ou ''[[La fuga]]'' céntranse en prisións. Aparece reflectida de forma transversal no libro ''[[O lapis do carpinteiro]]''.
 
Algúns autores de sona teñen parte da súa obra relacionado co mundo das prisións. Así, [[Celso Emilio Ferreiro]] compuxo no cárcere a obra ''[[Longa noite de pedra]]'', ao igual que fixera o [[Donatien Alphonse François de Sade|Marqués de Sade]] coa obra ''Les Cent Vingt Journées de Sodome''. O poeta andaluz [[Miguel Hernández]] finou na prisión de [[Alacant]] en 1942. Tamén tivo unha longa estancia en prisión o político surafricano [[Nelson Mandela]].
 
[[Concepción Arenal]] coñeceu de primeira man o mundo das prisións, e falou da importancia da [[pedagoxía]] para evitar a conflitividade. [[Xerardo Díaz Fernández]] tratou sobre as prisións durante o [[Franquismo]].