Diferenzas entre revisións de «Comportamento»

m
m (→‎Delimitación do termo: Arranxos varios)
A estrutura social é o patrón de relacións, posicións e número de persoas que conforman a organización social dunha poboación, sexa xa un grupo pequeno ou toda unha sociedade. As relacións danse sempre que as persoas se implican en patróns de interacción continuada relativamente estables. As posicións ([[status social]]) consisten en lugares recoñecidos na rede de relacións sociais que levan aparelladas expectativas de comportamento, chamadas roles. Normas e regras son impostas para garantir que se viva á altura das expectativas do [[rol social]], e se impoñen sancións positivas e negativas para asegurar que se cumpran. As normas e regras son a expresión observable dos valores dun sistema social particular. Os roles, normas e valores deben integrarse nun sistema para que este sexa completamente funcional.
 
Unha conduta humana considérase ''formal'' cando no comportamento se cumpren uhnaunha serie de regras recoñecidas como valiosas nunha comunidade ou sociedade. Nas sociedades occidentais, por exemplo, considérase formal ser explícito, determinado, preciso, serio, puntual. Esta palabra ten a súa base na aplicación, principalmente na conduta, que teñen as persoas con respecto aos seus valores.
 
== Véxase tamén ==
107.237

edicións