Diferenzas entre revisións de «Felipe Martínez Marzoa»

m
Friedrich Nietzsche e Martin Heidegger
m (Friedrich Nietzsche e Martin Heidegger)
{{Biografía}}
'''Felipe Martínez Marzoa''', nado en [[Vigo]] o [[8 de outubro]] de [[1943]], é un [[filósofo]] galego.
 
Á idade de 29 anos, publica os dous volumes da primeira edición da súa ''Historia da filosofía'', tras realizar estudos de filosofía, matemáticas e grego. Desde entón, a súa obra, non exenta de polémica, permanece fiel ao propósito hermenéutico da [[historia da filosofía]].
 
En 1982 presenta a súa tese doutoral sobre "A teoría do valor de Marx na filosofía moderna", dirixida por [[Jacobo Muñoz Veiga]], na [[Universidade Complutense de Madrid]]. O estudo e a influencia de [[Martin Heidegger|Heidegger]], recoñecida nalgún momento da súa obra, lévano a afastarse da análise dos seus textos para centrar definitivamente o seu labor hermenéutico en dous ámbitos da historia da filosofía: o grego e o moderno.
 
En 1985 obtén a cátedra de Historia da Filosofía da Facultade de Filosofía da [[Universidade de Barcelona]]. A solidez da súa obra e a súa adhesión ao rigor da filosofía, convertérono, segundo algunhas opinións, nun dos pensadores máis influentes da [[filosofía contemporánea]] en lingua castelá. Desde o curso 2006/2007 está prexubilado.
 
==Pensamento==
A súa obra iníciase con escritos propedéuticos de [[filosofía]], e con estudos sobre o [[marxismo]]. Paulatinamente abandona a temática [[política]] e oriéntase cara á problemática da [[fenomenoloxía]] lingüística e da [[hermenéutica]] dos textos gregos, así como cara ao estudo da [[filosofía]] alemá no período que abarca de [[Gottfried Wilhelm Leibniz|Leibniz]] a [[Friedrich Nietzsche|Nietzsche]].
 
Algunhas das súas [[teses]] principais versan sobre a irreductibilidade do [[Ente|ser]] en [[Grecia]], a importancia do [[cristianismo]] como mediador entre [[Grecia]] e a [[modernidade]], a [[física matemática]] e a calculabilidade do [[ente]] moderno, e a distancia [[hermenéutica]] da historia da filosofía desde Nietzsche ata os nosos días.
104.255

edicións