Francesco Petrarca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m →‎Laura e a poesía: Donatien Alphonse François de Sade
Liña 55:
 
== Laura e a poesía ==
O nome de Petrarca está asociado de maneira indisolúbel ao de Laura, a muller amada que canta en ''Rerum vulgarium fragmenta'' ("Fragmentos en lingua popular"), máis coñecidos polo nome de ''Il Canzoniere'' ("O cancioneiro"). Un venres de 1327, a visión dunha muller chamada Laura na igrexa de Santa Clara de [[Aviñón]] espertou en Petrarca unha paixón duradeira, celebrada nas ''Rime sparse'' ("Rimas esparsas"). Máis tarde, poetas renacentistas que copiaron o estilo de Petrarca deron o nome de ''Cancioneiro'' a esa colección de 366 poemas. Laura puido ser Laura de Noves, esposa de Hugues de Sade (antergo do [[Donatien Alphonse François de Sade|marqués de Sade]]). Petrarca sempre negou a acusación de que ela fose unha personaxe idealizada ou cun [[pseudónimo]], a pesar de que o nome Laura ten semellanza con ''láurea''). A súa descrición realista nos seus poemas contrasta cos estereotipos do [[trobadorismo]] e do [[amor cortés]]. A súa presenza causou no poeta unha ledicia indescritíbel, mais o seu amor non correspondido creaba desexos instantáneos. Hai pouca información concreta na obra de Petrarca sobre Laura, agás que é bela, ten cabelos claros e é unha moza modesta e digna. Laura e Petrarca tiveron pouco ou ningún contacto persoa. De acordo co seu ''Secretum'', ela recusábao porque xa estaba casada con outro home. El canalizou os seus sentimentos nos [[poema]]s de amor que eran exclamatorios e escribiu [[prosa]] en que mostraba o seu desprezo por homes que buscaban mulleres.
 
Petrarca perfeccionou a coñecida forma do [[soneto]], herdada de [[Giacomo da Lentini]], e que [[Dante]] empregosu amplamente. Moitos dos poemas de Petrarca, coleccionados no ''Cancioneiro'' (dedicado a Laura), eran sonetos. O compositor romántico [[Franz Liszt]] musicou algúns dos sonetos de Petrarca en ''Tre sonetti del Petrarca''.