Aethelstan de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
Sendo criado no reino de Mercia por orde do seu pai, como unha forma de conseguir a lealdade deste rebelde país á dinastía [[Cerdic de Wessex|cérdica]], á morte deste ([[17 de xullo]] de [[924]]) foi aclamado de inmediato rei de [[Mercia]].
 
Ao morrer o seu medio irmán, o rei [[Aelfweard de Wessex|Aethelweard]], logo de tan só 16 días de reinado —ao parecer asasinado por orde súa— o ([[2 de agosto]] de 924), a Witan elíxeo como o novo soberano, sendo coroado en [[Kingston-upon-Thames]] o [[4 de setembro]] de [[924]].
 
Durante o seu reinado demostrou ser un consumado [[diplomático]], preferindo as alianzas á guerra. O [[30 de xaneiro]] de [[926]] casou á súa irmá Edith con [[Sihtric ua Ímair]], rei [[viquingo]] de ''[[Jórvik]]'' e de [[Reino de Northumbria|Northumbria.]] Con todo, Sihtric morre ao ano seguinte ([[927]]) e Aethelstan aproveitou a oportunidade para anexionarse [[Reino de Northumbria|Northumbria.]] Isto convérteo no rei saxón coa maior extensión territorial até entón; por esta razón, os demais reis británicos sometéronse ao seu mando en Bamburgh. Na [[Crónica anglosaxoa]] descríbese como cada un dos reis se inclina ante o seu supremo líder: "primeiro Hywel, rei de Cornualles, e logo ''[[Constantino II de Escocia|Constantino II]]'', rei de ''[[Escocia]]'', e ''Owain'', rei de ''Gwent'', e logo Ealdred de Bamburgh". O cronista ''[[Guillerme de Malmesbury]]'' engade ao rei Owain de [[Reino de Strathclyde|Strahtclyde]] entre os reis sometidos.
 
Rexístranse outros eventos similares nas marchas occidentais do dominio de Aethelstan. Segundo Guillerme de Malmesbury, sometera aos reis do norte de Bretaña (o que implica Gales) en Hereford, onde esixiu un forte tributo. A realidade da súa influencia sobre Gales é subliñada no poema galés Armes Prydein Fawr e pola aparición dos reis galeses como ''subreguli'' nas cartas de 'Αthelstan A'. En forma similar, dirixiu Gales do Oeste (ou sexa Cornish) fóra de [[Exeter]] e estableceu a fronteira entre Inglaterra e [[Cornualles]] ao longo do río Tamar.
Liña 44:
<br>
Corpus Christi College, [[Universidade de Cambridge|Cambridge]].]]
Como as dos seus predecesores, a corte de Aethelstan estaba en contacto co resto de Europa. As súas medio irmás casaron con familias da nobreza europea. Edith desposou ao futuro emperador Odón I do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], fillo de Henrique I o Paxareiro e outra contraeu matrimonio con [[Egill Skallagrímsson]], o inspirador da islandesa ''saga de Egil''.
 
Alan II, duque de Bretaña, e Haakon, fillo de Harald de [[Noruega]], foron acollidos na corte de Aethelstan e deron un fogar a Luís, o fillo exiliado de [[Carlos II, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos o Calvo]].
Liña 50:
Aethelstan pode considerar o seu reinado en forma imperial: o estilo ''basileus'' baséase nas súas cartas, mentres que é o primeiro rei en levar o título de ''r[ex] tot[ius] B[ritanniae]''.
 
Segundo [[Guillerme de Malmesbury]], reliquias como a espada do emperador [[Constantino I o Grande|Constantino I]] de Roma e a lanza de [[Carlomagno]] (primeiro emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]) chegaron a Aethelstan, suxerindo que el estaba relacionado dalgunha forma con grandes rexentes do pasado.
 
Aínda que estableceu varias alianzas a través da súa familia, non tivo fillos propios.