Lingua valoa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
| mapa = [[Ficheiro:Idioma valón.png|250px]]
}}
O '''valón'''<ref>{{DRAG|valón}}</ref> (''Walon'') é unha lingua romance que se falaba polo [[pobo valón]] como primeira lingua en gran parte (70%) da [[Valonia|Rexión ValonaValoa]] de [[Bélxica]] e algunhas vilas do norte de [[Francia]] (preto de [[Givet]]) até mediados do [[século XX]]. Pertence ao grupo de linguas de oïl, cuxo membro máis prominente é a [[lingua francesa]]. Os antecedentes históricos da súa formación foi a extensión do territorio, xa dende o [[980]], do Principado de [[Liexa]], ao sur e ao oeste.
 
A pesar da súa rica [[literatura]], a cal comezou de forma anónima no [[século XVI]] e con autores coñecidos dende [[1756]], o uso do valón diminuíu notablemente dende a anexión francesa de [[Valonia]] en [[1795]]. Este período estabeleceu na zona ao [[Lingua francesa|francés]] como lingua da prestixio social, moito máis do que podía ser antes. Aínda que [[Bélxica]] obtivo a súa independencia en [[1830]], o francés estableceuse como o idioma principal no ensino en gran parte do país. Despois de [[Primeira Guerra Mundial]], as escolas públicas proporcionaron educación en lingua francesa a tódolos nenos, inducindo unha denigración do valón e acompañado dunhas ordes oficiais en [[1952]] para castigar o seu uso nos centros de ensino. Posteriormente, dende mediados do [[século XX]], a transmisión xeracional da lingua reduciuse, convertendo ao valón practicamente nunha lingua morta. Hoxe en día apenas é falado entre os mozos.