La Nueva España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Axeitei catro cousiñas relativas maiormente ás orixes do xornal.
Sen resumo de edición
Liña 17:
Durante aqueles anos do franquismo pertenceu ao organismo estatal Prensa do Movemento, cumprindo o diario as funcións de portavoz do partido único: Órgano provincial da Falanxe Española Tradicionalista e das J.O.N.S.
 
Tras a restauración da democracia, o Estado desprendeuse dos seus medios de comunicación impresos, co que, como a maioría da "Prensa do Movemento", foi privatizado e adquirido en [[1984]] mediante poxa pública polo grupo Editorial Prensa Ibérica S.A. (presidido por Francisco Javier Moll de Miguel). Con todo e con iso, os novos propietarios mantiveron intacta a cabeceira falanxista orixinal, que permanece como tal até o de hoxe.
 
Nos últimos anos incorporou a impresión de numerosas páxinas diarias a cores, e tivo un gran crecemento na súa área de difusión, Asturias. Así pasou de vender uns 29 000 exemplares diarios de media en [[1984]] a máis de 60 000 no ano [[2012]]. É o único xornal dunha Comunidade Autónoma uniprovincial [[España|española]] que se atopa entre o dez máis lidos de España, e segundo o Estudo Xeral de Medios ocupa o noveno posto entre os diarios españois cunha media de máis de 360 000 lectores diarios, mentres que a súa páxina web ten máis de 2 200 000 usuarios únicos mensuais (maio 2012).