Tailandia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (20)
arranxo
Liña 293:
A gastronomía de Tailandia caracterízase pola súa mestura equilibrada de sabores [[ácido]]s, [[Cloruro de sodio|salgados]], doces e picantes. O ingrediente principal na cociña tailandesa é o [[arroz]], que pode ser ingrediente en [[sopa]]s, estar fritidos ou simplemente cocido. Outros ingredientes que se usan comunmente son os [[pemento]]s picantes, os [[ollo|allos]], os fideos e o [[leite]] de [[coco]]. En carnes emprégase sobre todo o [[Galiña|polo]] e o [[porco]]. Entre os condimentos máis comúns atópanse o [[curry]] verde ou vermello, sementes de coandro, salsa de [[soia]] e salsa de peixe.
 
O almorzo tailandés consiste en xeral de arroz con polo, porco, allo e gambas. Isto é acompañado por [[Ovo (alimento)|ovo]] fritido e [[cogombro]] en [[vinagre]]. Con todo, a comida máis importante é a cea. Nesta pódense apreciar os mellores pratos. Atópanse presentes a sopa, o arroz ou polo e o [[peixe]] preparados de diversas maneiras. Un dos principais pratos é a carne estilo árabe, unha mestura de carne de cordeiro e tenreira condimentada con [[comiño]]s, [[Craveiro deda India|cravo]] e outras especias.
 
Algúns dos pratos máis famosos son o ''Pad Thai'', fideos de arroz con salsa de tamarindo; o ''Nam Prik Pao'', Salsa de chile tostado con chalotas, allo e [[Carideos|esquías]]; o ''Khao Mangal'', polo con arroz fervido en caldo de galiña e leite de coco; o ''Ped Dang'', asado de polo ao [[xenxibre]]; o ''Sukijakithai'', carne e peixe rebozados en ovo con verduras; o ''Nevayum'', carne tallada con ensalada; o ''Tom Kha Gai'', sopa de raíz de galanga; o ''Kaeng Kari Kai'', polo ao curry suave; ou o ''Tom Yum'', sopa picante e ácida.