Xoana de Arco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Antecedentes: Erros de linguaxe
m Arranxiños
Liña 24:
[[Ficheiro:Jehanne signature.jpg|260px|miniatura|sinatura de Xoana de Arco]]
[[Ficheiro:Blason Jeanne-d-Arc.svg|260px|miniatura|''[[Escudo|Escudo de Armas]]'', de Xoana de Arco.]]
'''Xoana de Arco''' ({{lang-fr|link=no|Jeanne d'Arc}}<ref>O seu nome foi escrito nunha variedade de formas, en particular antes da metade do século XIX. Véxase Pernoud and Clin, pp. 220–221. A súa firma aparece como "Jehanne" (véxase [http://www.stjoan-center.com/Album/part47.html www.stjoan-center.com/Album/, parts 47] and [http://www.stjoan-center.com/Album/part49.html 49]; tamén se observa en Pernoud e Clin) {{en}}.</ref>), nada o [[5 de xaneiro|5]] ou o [[6 de xaneiro]]<ref name=Nacemento>As referencias bibliográficas modernas adoitan fixar o seu día de nacemento o 6 de xaneiro. O certo é que ela mesma só foi capaz de supoñer a súa propia idade: cando lle foi preguntada durante o seu proceso, respondeu « 19 anos, aproximadamente, creo. » - Fonte: Lle procès de Jeanne d'Arc [arquive]. Todas as testemuñas do xuízo tamén estimaron aproximadamente a súa idade malia que moitos foron as súas padriños e madriñas. A data do 6 de xaneiro provén dunha soa fonte: unha carta do diplomático do reino de Francia Perceval de Boulainvilliers aoo duque de Milan escrita o 21 de xuño de 1429 : « Veu á luz da nosa vida mortal na noite da Epifanía do Señor». (ver ''Xoana de Arco por si mesma e polas súas testemuñas'', de Régine Pernoud, p. 98. O nacemento probablemente non foi rexistrado xa que a práctica de rexistrar os nacementos dos plebeios (ou xente que non era nobre) non comezou ata uns séculos máis tarde.</ref> de [[1412]] en [[Domrémy-la-Pucelle]], un pequeno poboado sito no [[Departamentos franceses|departamento francés]] de [[Vosgos]], e finada o [[30 de maio]] de [[1431]] en [[Ruán]], tamén coñecida como a '''Doncela de Orleáns''' (ou, en [[Lingua francesa|francés]], ''la Pucelle d'Orléans''), foi unha [[Heroe|heroína]], militar e santa francesa. A súa festividade conmemórase o día da súa morte, o 30 de maio, como é tradición na [[Igrexaigrexa católica]].
 
Nada entre [[1407]] e 1412, con 17 anos encabezou o exército real francés. Convenceu o rei [[Carlos VII de Francia|Carlos VII]] de que expulsaría os ingleses de [[Francia]] e este deulle autoridade sobre o seu exército no [[sitio de Orleáns]], a [[batalla de Patay]] e outros enfrontamentos en [[1429]] e [[1430]]. Estas campañas revitalizaron a facción de Carlos VII durante a [[guerra dos Cen Anos]] e permitiron a [[Monarquía|coroación]] do monarca. Como recompensa, o rei absolveu Domrémy, vila natal de Xoana, de pagarlle o imposto anual á coroa (esta lei estivo en vigor ata hai cen anos). Os [[Borgoña|borgoñóns]] capturaron a Xoana e entregárona aos ingleses. Os clérigos condenárona por [[herexía]] e o duque [[Xoán de Lancaster]] queimouna viva en [[Ruán]].
Liña 30:
A gran maioría de datos sobre a súa vida baséanse nas actas dese proceso, pero están en certa forma provistos de descrédito, pois segundo diversas testemuñas do xuízo, estiveron cheos de correccións e datos falsos introducidos por orde do [[bispo]] [[Pierre Cauchon]]. Entre estas testemuñas estaba o [[escribán]] oficial, designado só como Manchon, que afirma que en ocasións había secretarios agochados detrás das cortinas da sala agardando instrucións para borrar ou agregar cousas das actas.
 
Vinte e cinco anos logo da súa condena, o rei Carlos VII instigou á Igrexa a que revisase aquel xuízo [[inquisición|inquisitorial]], ditaminando o papa [[Nicolao V, papa|Nicolao V]] a inconveniencia da súa reapertura naqueles momentos, debido aos recentes éxitos militares de Francia sobre Inglaterra e á posibilidade de que os ingleses o tomasen, naqueles delicados momentos, como unha afronta por parte de [[Roma]]. Doutra banda, a familia de Xoana tamén reuniu as probas necesarias para a revisión do xuízo e envioullas aoo Papa, pero este negouse definitivamente a reabrir o proceso.
 
Á morte de Nicolao V, foi elixido papa o español [[Calisto III, papa|Calisto III]] (Alfonso de Borja) o 8 de abril de 1455, e foi el quen dispuxo que se reabrise o proceso. A súa inocencia foi recoñecida ese mesmo ano nunha apelación do xuízo, grazas a un proceso onde houbo moitos testemuños e declarouse herexes aos xuíces que a condenaron. Finalmente, xa no [[século XX]], foi beatificada en [[1909]] polo papa [[Pío X, papa|Pío X]] e posteriormente declarada santa en [[1920]] polo papa [[Bieito XV, papa|Bieito XV]]. Ese mesmo ano, foi declarada como a santa patroa de [[Francia]].<ref>Un tribunal presidido polo inquisidor Jean Bréhal volveu reabrir o seu caso trala guerra. O novo veredicto invalidou o orixinal e describiu o proceso anterior como "corrupto, calumnioso, fraudulento e malicioso". [http://www.stjoan-center.com/Trials/null13.html] (Recuperado o 12 de febreiro de 2006) {{en}}</ref>
Liña 51:
Inglaterra gañaría importantes batallas como [[Batalla de Crécy|Crécy]] ([[1346]]) e [[Batalla de Poitiers (1356)|Poitiers]] ([[1356]]), xa co relevo de [[Xoán II de Francia|Xoán II]] en lugar de [[Filipe VI de Francia|Filipe VI]], e obtería a inesperada vitoria de [[Batalla de Azincourt|Agincourt]] en 1415, baixo a competente dirección do rei [[Henrique V de Inglaterra|Henrique V]].
 
Unha grave enfermidade do rei francés propiciou a loita polo poder entre o seu primo [[Xoán I de Borgoña]] ou ''Xoán sen Medo'' e o irmán de Carlos VI, [[Luís XII de Francia|Luís de Orleáns]]. O [[23 de novembro]] de [[1407]], cométese o asasinato do [[casa de Armagnac|armagnac]] Luís de Orleáns nas rúas de París e por orde do borgoñón. As dúas ramas da familia real francesa divídense en dúas faccións: os que daban soporte aoo duque de [[Borgoña]] (''borgoñóns'') e os que apoiaban aoo de Orleáns e despois a [[Carlos VII de Francia|Carlos VII]], [[Delfín de Francia]] (que foi desherdado ou deslexitimado dende 1420) (''armagnacs''), ligados á causa de Orleáns á morte de Luís. Co asasinato do armagnac, ambos os dous bandos enfrontáronse nunha guerra civil e buscaron o apoio dos ingleses. Os partidarios do duque de Orleáns, en [[1414]], viron rexeitada unha proposta a os ingleses, os cales finalmente pactaron cos borgoñóns.
 
Á morte de Carlos VI en 1422 é coroado rei de Francia o fillo de Henrique V e Catarina de Valois, o infante Henrique VI (polo tanto, Henrique VI de Inglaterra e I de Francia); en tanto que os armagnacs non deron o seu brazo a torcer e mantivéronse fieis aoo fillo do rei francés, Carlos VII, quen foi coroado tamén en 1422 de forma nominal en [[Berry]], a falta de impoñelo como rei [[de facto]], pero destronando o inglés [[de iure]].
 
== A orixe de Xoana e o contexto do seu tempo ==
Liña 79:
 
O debate sobre a data de nacemento da Doncela de Orleáns non o conseguiu resolver nin a mesma Xoana durante o proceso, xa que, cando lle preguntaron que idade tiña, respondeu: «Ao redor de dezanove anos, creo».<ref name=Nacemento />
Aínda que non estaba segura, a historiografía interpretou esta declaración aoo pé da letra. Deste xeito, restándolle a súa posible idade á data na que se realizou a pregunta durante o proceso, [[24 de febreiro]] de [[1431]], o ano do seu nacemento sería probablemente [[1412]].
 
O lugar onde naceu é teóricamente [[Domrémy-la-Pucelle|Domrémy]], tal e como dixo no interrogatorio de identidade do seu proceso, o [[21 de febreiro]] de [[1431]]; «Eu nacín na vila de Domrémy».<ref name=Xuicio /> Ademais engadiu que era unha vila dependente de [[Greux]] (inmediatamente ao norte de Domrémy), e que hoxe pasou a chamarse Domrémy-la-Pucelle, grazas a ela. Ambas pertencen actualmente ao departamento de [[Vosgos]], na [[Lorena|rexión da Lorena]]. Domrémy foi tamén o lugar onde recibiu o [[bautismo]] de mans do pai Jean Minet.