Abrir o menú principal

Cambios

rv. posíbel é correcto
Esta primeira RCT caracterizouse por un cambio nos instrumentos de traballo de tipo artesanal pola [[máquina de vapor]], movida pola enerxía do carbón. A máquina esixe individuos máis cualificados, produce unha redución no número de persoas empregadas, guindando de maneira incesante masas de obreiros dun ramo da produción a outra, especialmente do campo á cidade.
 
A Revolución Industrial xerou tamén un alargamento dos mercados estranxeiros e unha nova [[división internacional do traballo|División Internacional do Traballo]] (DIT). Os novos mercados conquistáronse mediante o abaratamento dos produtos feitos coa máquina, polos novos sistemas de transporte e a apertura de vías de comunicación, así como tamén, mediante unha política expansionista. Entre [[1830]] e [[1880]], as principais guerras foron de tipo colonialista, na [[India]], [[China]], [[Turquía]], [[Sudán]], [[Irán|Persia]], [[Afganistán]], [[Rusia]] Oriental e [[México]].
 
Un dos principios fundamentais da industria moderna é que nunca considera os procesos de produción como definitivos ou acabados. A súa base técnico-científica é revolucionaria, xerando así, o problema da obsolescencia tecnolóxica en períodos cada vez máis breves. Dende esta perspectiva pode afirmarse que tódalas formas de produción anteriores á industria moderna (artesanía e manufactura) foron esencialmente conservadoras. Así a todo, esta característica de obsolescencia e innovación non se circunscribe á ciencia e a tecnoloxía, senón que debe ampliarse a toda a estrutura económica das sociedades modernas. Neste contexto a innovación é, por definición, negación, destrución, cambio, a transformación é a esencia permanente da modernidade.
 
=== Revolución agrícola ===
A mediados do século XVIII, en Gran Bretaña comezouse a producir unha grande expansión da agricultura que provocou que a produtividade experimentase un importante crecemento. Este aumento do rendemento agrario foi posibleposíbel grazas á aparición de novas técnicas de cultivo, á mellora do emprego dos fertilizantes e ao proceso de privatización das terras (denominado ''enclosure''), que trouxo unha maior rendibilidade.
 
Este incremento da produción agraria repercutiu moi positivamente nos sectores industriais vinculados á [[agricultura]]. Amais, produciuse un forte incremento dos beneficios agrícolas, o que máis tarde permitirá o investimento deste capital no sector industrial.
 
Os diversos avances no terreo agrícola permiten falar dunha verdadeira revolución:
* Privatización dos terrerosterreos comunais. Dende [[1760]], promulgáronse en Gran Bretaña numerosas leis de cerramento (en inglés: ''enclosures''), o que impulsou a modernización das explotacións agrarias. Amais, a poboación rural tivo que emigrar á [[cidade]], e proporcionou a man de obra necesaria no proceso de industrialización.
* Introdución de novos cultivos. Especies coma o [[millo]] e maila [[pataca]] facilitaron a diversificación da produción, o que reduciu o impacto das malas [[colleita]]s sobre a poboación.
* Aplicación de novas técnicas agrícolas. O uso de [[fertilizante]]s e das primeiras trilladoras e sementadoras mecánicas foi clave para o aumento da produción. Especial importancia tiveron as melloras na rotación de cultivos, grazas ao sistema Norfolk ou sistema de rotación cuadrienal.