Resistencia a antibióticos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 156:
O ''[[Staphylococcus aureus]]'' é un dos principais patóxenos resistentes. Encóntrase en [[mucosa]]s e na [[pel]] humana de arredor da terceira parte da poboación, e é extremadamente adaptable á presión dos antibióticos. Foi unha das primeiras bacterias nas que se encontrou resistencia á [[penicilina]], xa en 1947, só catro anos despois de que o fármaco fose producido masivamente. Despois a [[meticilina]] pasou a ser o antibiótico de elección para tratala, pero despois foi substituída pola [[oxacilina]] debido á toxicidade renal significativa da anterior. O [[SARM|''Staphylococcus aureus'' resistente á meticilina]] (SARM ou MRSA) foi detectado primeiro en Gran Bretaña en 1961, e agora é "bastante común" nos hospitais, e causou moitos casos mortais de [[sepse]] en [[Reino Unido]] en 1999. Por exemplo, a metade das infeccións por ''S. aureus'' en Estados Unidos son resistentes á penicilina, meticilina, [[tetraciclina]] e [[eritromicina]].
 
Esta crecente resistencia fixo que o único axente efectivo naquel momento fose a [[vancomicina]]. Porén, a mediados da década de 1990 empezaron a aparecer cepas con niveis de resistencia intermedios (4–8&nbsp;μg/ml), denominados ''S. aureus'' glicopéptido intermedio (SAGI ou GISA, ''glycopeptide-intermediate Staphylococcus aureus'') ou ''S. aureus'' vancomicina intermedio (SAVI ou VISA, ''vancomycin-intermediate Staphylococcus aureus''). O primeiro caso identificouse en [[Xapón]] en 1996, e esas cepas foron despois atopadas en hospitais en [[Inglaterra]], [[Francia]] e [[EUA]]. A primeira cepa documentada con resistencia completa á vancomicina (>16&nbsp;μg/ml), denominada [[StaphilococcusStaphylococcus aureus resistente á vancomicina|''S. aureus'' resistente á vancomicina]] (SARV ou VRSA) apareceu en Estados Unidos en 2002.<ref>{{Cita publicación periódica |vauthors=Bozdogan B, Esel D, Whitener C, Browne FA, Appelbaum PC | title = Antibacterial susceptibility of a vancomycin-resistant Staphylococcus aureus strain isolated at the Hershey Medical Center | journal = Journal of Antimicrobial Chemotherapy | volume = 52 | issue = 5 | pages = 864–868 | year = 2003 | pmid = 14563898 | doi = 10.1093/jac/dkg457 }}</ref> Porén, en 2011, probouse unha variante da vancomicina que se une ao [[peptidoglicano]] modificado con [[lactato]] e tamén á diana orixinal, e que ten potente actividade antimicrobiana.<ref>{{Cita publicación periódica |vauthors=Xie J, Pierce JG, James RC, Okano A, Boger DL | title = A Redesigned Vancomycin Engineered for Dual d-Ala-d-Ala and d-Ala-d-Lac Binding Exhibits Potent Antimicrobial Activity Against Vancomycin-Resistant Bacteria | journal = J. Am. Chem. Soc. | volume = 133 | issue = 35 | pages = 13946–9 | year = 2011 | pmid = 21823662 | pmc = 3164945 | doi = 10.1021/ja207142h }}</ref>
 
Unha nova clase de antibióticos, as [[Linezolid|oxazolidinonas]], descubriuse na década de 1990, e o primeiro que se comercializou foi o [[linezolid]], que é comparable á vancomicina en efectividade contra o SARM. Con todo, informouse de resistencia ao linezolid en ''S. aureus'' en 2001.<ref>{{Cita publicación periódica |vauthors=Tsiodras S, Gold HS, Sakoulas G, Eliopoulos GM, Wennersten C, Venkataraman L, Moellering RC, Ferraro MJ | title = Linezolid resistance in a clinical isolate of Staphylococcus aureus | journal = The Lancet | volume = 358 | issue = 9277 | pages = 207–208 | pmid = 11476839 | doi = 10.1016/S0140-6736(01)05410-1 | date=July 2001}}</ref>