Technicolor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Traducido de es.wikipedia.org/wiki/Technicolor
 
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 2:
'''Technicolor''' é un proceso de [[filme en cor|cinema en cor]] inventado en 1916 e despois mellorado ao longo de varias décadas. Trátase do segundo proceso principal deste tipo, tras o británico [[Kinemacolor]], e o máis empregado en [[Hollywood]] entre 1922 e 1952. Technicolor foi coñecido e recoñecido polo seu nivel saturado de cor, e empregouse para rodar [[musical|musicais]] como ''[[O mago de Oz]]'' (1939) e ''[[Singin' in the Rain]]'' (1952), filmes de época como ''[[As aventuras de Robin Hood]]'' (1938) e ''[[Foise co vento]]'' (1939), ou de animación como ''[[Snow White and the Seven Dwarfs]]'' (1937) ou ''[[Fantasia (filme)|Fantasia]]'' (1940). Con todo, tamén se empregou para comedias e dramas menos espectaculares, e mesmo no [[cinema negro]], como en ''[[Que o ceo a xulgue]]'' (1945) ou ''[[Niagara (filme)|Niagara]]'' (1953).
 
"Technicolor" é a marca rexistrada dunha serie de procesos de cinema en cor desenvolvidos por Technicolor Motion Picture Corporation (una subsidiaria de Technicolor, Inc), actualmente parte da empresa [[Technicolor (empresa)|Technicolor]], antiga Thomson. Technicolor Motion Picture Corporation fundouse en [[Boston]] en 1914, e os seus fundadores foron [[Herbert Kalmus]], [[Daniel Frost Comstock]] e W. Burton Wescott.<ref>"[http://www.widescreenmuseum.com/oldcolor/fortune-page02.htm What? Color in the Movies Again?]" ''[[Fortune (revista)|Fortune]]'', outubro de 1934.</ref> A partícula "Tech" do nome inspirouse no [[Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts]], onde Kalmus e Comstock se graduaron e foron logo profesores.<ref>{{enlace roto|{{cite news| url=http://www.hollywoodreporter.com/hr/search/article_display.jsp?vnu_content_id=1000902888 | deadurl=yes}}|http://www.hollywoodreporter.com/hr/search/article_display.jsp?vnu_content_id=1000902888}} </ref> Technicolor, Inc constituíuse en [[Delaware]] en 1921.<ref>"$1,000,000 Company Will Color Movies", ''[[The New York Times]]'', September 21, -9-1922, p. 1.</ref><ref>"Technicol.-Prizma Controversy", ''[[The Wall Street Journal]]'', Dec. 7, 1922, p. 12.</ref>
 
== Technicolor na actualidade ==
A compañía Technicolor foi unha firma de proceso de cinema de grande éxito, e despois traballaron na duplicación de audioson e vídeo en VHS, CD e DVD, e en procesos de vídeo dixital. [[MacAndrews & Forber]] adquiriron Technicolor en 1982 por cen millóns de dólares<ref>[http://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=9F0DE5DA1639F931A25752C1A965948260 MACANDREWS & FORBES GROUP INC reports earnings for Qtr to Sept 30]</ref> e en 1988 vendérona á compañía británica [[Carlton Communications]] PLC por 780 millóns de dólares.<ref>[http://www.fundinguniverse.com/company-histories/Carlton-Communications-PLC-Company-History.html FundingUniverse.com: Carlton Communications PLC]</ref> Technicolor Inc adquiriu a compañía de procesamento de película [[Consolidated Film Industries]] en 2000.<ref>[http://web.archive.org/web/http://www.technicolor.com/Cultures/En-Us/About/Press/PressRelease2000/TechnicolorDevelopsBigger.htm Technicolor Develops the Even Bigger Picture]</ref> Dende 2001, Technicolor formou parte do conglomerado de electrónica e medios con base en Francia coñecido como Thomson.<ref>[http://web.archive.org/web/http://www.technicolor.com/Cultures/En-Us/About/Press/PressRelease2001/DefinitiveAgreementReached.htm Definitive agreement reached with Carlton Communications for the acquisition of Technicolor by Thomson Multimedia]</ref> O 1 de febreiro de 2010, o grupo Thomson renomeouse como "Technicolor", adquirindo para toda a compañía o nome da súa subsidiaria tecnolóxica estadounidense.<ref>{{cita novas| url=http://www.variety.com/article/VR1118014337.html?categoryId=1009&cs=1 | work=Variety | title=Technicolor reinventing itself | first=David S. | last=Cohen | date=26 de xaneiro de 2010}}</ref>
 
A estética visual da transferencia de tinta de Technicolor segue a empregarse en Hollywood. Partes de ''[[The Aviator]]'', biopic de [[Howard Hughes]], manipuláronse dixitalmente para imitar os procesos de cor dispoñibles durante os períodos en que tiña lugar cada escena. O aspecto de dúas cores do filme cítase incorrectamente como de aparencia do sistema de Technicolor de dúas cores, cando en realidade é un facsimile do propio sistema de cor de Hughes, [[Multicolor]].