República de Artsakh: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 42:
}}
{{Contén texto armenio}}
'''Nagorno-Karabakh''' (en [[lingua armenia|armenio]]: Լեռնային Ղարաբաղ, ''Leṙnayin Ġarabaġ''), oficialmente '''República de Nagorno-Karabakh''' (en armenio: Լեռնային Ղարաբաղի Հանրապետություն, ''Lernayin Gharabaghi Hanrapetut’yun''), ou '''República de Artsakh''' (en armenio: Արցախի Հանրապետություն, ''Arts'akhi Hanrapetut’yun''), tamén ''Alto Karabakh'', é unha república situada no [[Cáucaso|Sur do Cáucaso]] tan só recoñecida por outros tres estados non pertencentes á [[Organización das Nacións Unidas]]: [[Abkhazia]], [[OsetiaOssetia do Sur]] e [[Transnistria]]. Reclamada e recoñecida como parte de [[Acerbaixán]], Nagorno-Karabakh controla a meirande parte do territorio do antigo [[Oblast]] de [[Nagorno-Karabakh]] e [[Subdivisións de Acerbaixán|algúns distritos acerbaixanos]] circundantes fronteirizos con [[Armenia]] (ao oeste) e [[Irán]] (ao sur).
 
O [[Alto Karabakh]], de poboación predominantemente de armenia, foi disputado entre Armenia e Acerbaixán trala súa [[independencia]] do [[Imperio Ruso]] en [[1918]]. Despois de que a [[Unión Soviética]] estabelecese control sobre a zona, creouse a rexión autónoma de Nagorno-Karabakh (NKAO) dentro da [[República Socialista Soviética de Acerbaixán]] en [[1923]]. Nos últimos anos da Unión Soviética xurdiu de novo o conflito entre [[pobo armenio|armenios]] e acerbaixanos polo control da zona. Posteriormente, en [[1991]], un [[referendo]] celebrado na Rexión Autónoma e a rexión veciña Shahumian deu lugar a unha declaración de independencia. O conflito étnico a grande escala nos anos posteriores ([[1991]]-[[1994]]) conduciu á Guerra de do Alto Karabaj, que rematou cun cesamento do fogo do que saíron as fronteiras actuais.