Bufo real: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 193.144.37.51 (conversa); cambiado á última versión feita por Estevoaei
Liña 24:
 
== Descrición ==
Son aves grandes, só algo menores en tamaño cá [[aguia real]]. Amosan [[dimorfismo sexual]]: as femias son claramente meirandes cós machos. O tamaño e o peso dos exemplares aumentan en dirección suroeste-nordeste, seguindo a [[regra de Bergmann]]. En [[Noruega]] os machos acadan de media os 61 cm. de lonxitude e pesan entre 1800 e 2800 gramos, cunha media de 2450 g. As femias norueguesas miden 67 cm. de media e pesan de 2300 a 4200 gramos, cunha media de 2990 g. As femias máis pesadas en [[Centroeuropa]] non pasan dos 3200 g. A diferenza entre sexos amósase tamén na [[envergadura]] das ásalas: os machos teñen como media de lonxitude de punta a punta das alas 157 cm, mentres que a media das femias é de 168.
 
[[Ficheiro:Uhu-05.jpg|miniatura|esquerda|Cara do bufo real]]