Diferenzas entre revisións de «Claude Lorrain»

m
sen resumo de edición
m
m
De vida tranquila e ordenada, unha vez establecido en Roma só cambiou de domicilio nunha ocasión, da rúa Margutta á rúa Paolina (actual Via do Babuino).<ref group="nota">Segundo Sandrart, «na súa maneira de vivir non era un gran cortesán, se non de bo corazón e pío. Non buscou outro pracer que a súa profesión». {{Cita Harvard|Sureda|2001|p=66}}</ref> Aínda que se mantivo solteiro, tivo unha filla natural, Agnese, coa que conviviu xunto a dous sobriños chegados igualmente de Lorena, Jean e Joseph Gellée.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Rubiés|2001|p=7.}}</ref>
 
Na [[década de 1630]] empezou a consolidarse como pintor, facendo paisaxes inspiradas na campiña romana, de aire bucólico-pastoril. Asinaba os seus cadros como ''llele lorrain'' («o lorenés»), polo que empezou a ser coñecido como ''Claude Lorrain''.<ref name="roth1">{{Cita Harvard sen parénteses|Röthlisberger|Cecchi|1982|p=5.}}</ref> En Roma contactou con [[Joachim von Sandrart]] e outros estranxeiros establecidos na sede papal ([[Herman van Swanevelt]], [[Cornelis van Poelenburgh]], [[Bartholomeus Breenbergh]]), cos que se introduciu na pintura paisaxista. Tamén fixo amizade con [[Nicolas Poussin]], outro francés afincado en Roma. Aos poucos foi mellorando a súa posición, polo que puido tomar ao seu servizo un axudante, Gian Domenico Desiderii, que traballou con el até 1658.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Luna|1984|p=14.}}</ref>
[[Ficheiro:Rodin_le_Lorrain.JPG|esquerda|miniatura|Monumento a Claude Lorrain, de [[Auguste Rodin]], parque da Pépinière, [[Nancy]].]]
Cara a 1630 pintou varios frescos nos palacios Muti e Crescenzi de Roma, técnica que con todo non volveu utilizar.<ref name="sur1">{{Cita Harvard sen parénteses|Sureda|2001|p=64.}}</ref> Por aquel entón empezou a gozar de certa fama nos círculos artísticos de Roma, polo que recibiu diversos encargos de personaxes prominentes, e foi favorecido polo cardeal [[Guido Bentivoglio|Bentivoglio]], quen o presentou ao papa [[Urbano VIII, papa|Urbano VIII]], que lle encargou dúas obras: ''Paisaxe con danza campesiña'' (1637) e ''Vista de porto'' (1637). Tamén foron mecenas seus os cardeais [[Alexandre VII, papa|Fabio Chigi]] e [[Clemente IX, papa|Giulio Rospigliosi]], que máis tarde serían papas como Alexandre VII e Clemente IX.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Rubiés|2001|p=6.}}</ref> Durante toda a súa vida pintou principalmente para a nobreza e o clero, e recibiu encargos de toda [[Europa]], principalmente [[Francia]], [[España]], [[Gran Bretaña]], [[Flandres]], [[Holanda (rexión)|Holanda]] e [[Dinamarca]]. Era tanta a demanda de obras de Lorrain que en 1665 un marchante tivo que confesar ao coleccionista Antonio Ruffo —comitente de varias obras de Rembrandt— que «non hai esperanza de conseguir unha obra de Claude; non lle chegaría unha vida para satisfacer aos seus clientes».<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Rubiés|2001|p=1.}}</ref>
A especialidade indiscutible de Lorrain foi a paisaxe, de ambientación frecuentemente [[Relixión|relixiosa]] ou [[Mitoloxía|mitolóxica]]. Claude tiña unha [[idealismo (arte)|visión idealizada]] da paisaxe, que axuntaba o culto á [[Antigüidade clásica]] xunto a unha actitude de profunda reverencia cara á natureza, que mostra en todo momento unha serenidade e placidez que reflicten un espírito evocador, a idealización dun pasado mítico, perdido pero recreado polo artista cun concepto de perfección ideal. Integrado desde mozo na pintura paisaxística polos seus mestres Tassi e Wals, recibiu tamén a influencia doutros dous pintores nórdicos afincados en Roma: [[Adam Elsheimer]] e [[Paul Brill]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Luna|1984|p=16.}}</ref> Ambos autores crearan na contorna romana o interese pola paisaxe terrestre e a [[Mariña (pintura)|mariña]], aos que se outorgaba todo o protagonismo da obra, mentres que os personaxes xogaban un papel secundario. Claude adquiriu dos seus mestres unha preferencia pola paisaxe lírica, con panoramas amplas e ruínas ou arquitecturas para salientar o ambiente clásico, e onde ten un gran protagonismo o estudo da luz. O seu primeiro cadro neste xénero foi ''Paisaxe pastoril'' (1629), asinado e datado ''CLAVDIO I.V ROMA 1629''.<ref name="sur1"/>
 
Brill e Tassi desenvolveran en Roma un estilo de paisaxe tardomanierista, cunha articulación do primeiro termo en marrón escuro, un segundo plano en verde máis claro, e un horizonte poboado xeralmente de outeiros dunha cor azulada, nunha composición case teatral, á que daba entrada unha árbore escura en primeiro termo.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Blunt|1992|pp=308-309.}}</ref> A composición establecíase en forma de ''coulisse'',<ref group='nota'>O ''coulisse'' («bastidor» en francés) ou ''repoussoir'' é un recurso pictórico consistente en establecer o cadro como un escenario teatral, onde uns elementos situados a ambos os dous lados actúan de bastidores que dirixen a mirada cara ao fondo, de forma que se intensifican os efectos de profundidade. {{Harv|Rubiés|2001|p=26.}}</ref> coa intención de xerar unha sensación de afastamento, de distancia infinita. Elsheimer iniciara ese estilo de corte manierista na paisaxe, pero de forma diferente, explotando os recursos poéticos que ofrece a luz iluminando toda unha paisaxe, así como os efectos sensacionais da alba e o crepúsculo. Claude desenvolveu estes efectos introducidos por Elsheimer, aínda que non a través de fortes [[claroscuro]]s, como facía o pintor alemán, senón enriquecendo a atmosfera cunha brétema dourada producida pola luz solar.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Blunt|1992|pp=309-310.}}</ref> Nas súas primeiras pinturas Lorrain imita estes modelos, como no ''Muíño'' de 1631, coa árbore escura á esquerda, figuras en primeiro termo -ao—ao estilo de Brill-Brill—, unha torre á dereita, árbores en segundo termo e os montes ao fondo.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Sureda|2001|p=67.}}</ref>
 
Lorrain inspírase nas paisaxes de ton lírico de Tassi, Elsheimer e Brill, pero tamén bebe doutras fontes: no [[século XVII]] a pintura de paisaxe cobra un estatuto de autonomía propio, non só en Holanda -onde se iniciou como xénero-, senón no resto de Europa. Ao redor de 1600 aparecen en Roma os primeiros estudos de paisaxe nas obras de Elsheimer e Brill, pero tamén nas composicións de signo idealista de [[Annibale Carracci]], cuxa obra ''[[A fuxida a Exipto (Annibale Carracci)|Fuxida a Exipto]]'' pode considerarse o punto de partida da paisaxe clásica.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Rubiés|2001|pp=16-17.}}</ref> Máis tarde, [[Salvator Rosa]] chegaría a esbozar unha primeira tentativa de transcrición [[Romanticismo|romántica]] da natureza. En Holanda, o paisaxismo varía entre os intérpretes dun certo realismo e os seguidores do estilo italiano, xunto ás persoais composicións de [[Hercules Pieterszoon Seghers|Seghers]] e [[Rembrandt]]. Tamén en [[Flandres]] a figura de [[Rubens]] ofrecía un poderoso punto de atracción, coas súas paisaxes de vistas panorámicas e nutrida figuración.<ref name="roth1"/>
En Italia, diversos puntos de referencia ofrecíanse á visión de Lorrain: un primeiro camiño cara a unha interpretación poética e idealizada da natureza dáse en [[Escola veneciana|Venecia]] con autores como [[Giorgione]], [[Tiziano]] e [[Paolo Veronese]], que se nutren das fontes clásicas para crear unha primeira visión clasicista da paisaxe; de igual maneira Carracci, [[Domenichino]] e outros ''[[Incamminati]]'' da [[Escola Boloñesa]], xunto a conceptos [[Rafael Sanzio|rafaelescos]], achegaron a Claude unha visión enaltecida da Antigüidade. De educación primaria, a tradución que estes autores facían dos ideais do pasado en clave moderna foi esencial para a súa formación.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Luna|1984|p=25.}}</ref>
 
A partir das súas primeiras influencias (Brill, Elsheimer, clasicistas boloñeses e a escola veneciana do [[Cinquecento]]), Lorrain iniciou unha andaina persoal, experimentando e renovando, ata alcanzar un estilo propio, imitado e admirado ata os nosos días.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Luna|1984|p=21.}}</ref> Tivo un estreito contacto con artistas franceses e holandeses, como Poussin, [[Pieter van Laer]] (''il Bamboccio''), [[Jacques Callot]], Sandrart, Swanevelt e Breenbergh, cos que -segundo—segundo Sandrart-Sandrart— ía pintar paisaxes tomadas do natural.<ref group='nota'>Relata Sandrart que «trataba por tódolos medios de achegarse á natureza, saíndo ao campo desde antes da alba ata a caída da noite para aprender a representar con toda exactitude o vermello ceo da mañá á saída do sol, o crepúsculo e as horas da tarde. Cando contemplara atentamente un ou outro no campo, inmediatamente mesturaba as súas cores da forma apropiada, corría a casa e aplicábaas á obra que tivese entre mans con moita maior naturalidade que ningún outro anterior a el». {{Harv|Martin|1986|p=61}}</ref> Tan constantemente comparados, Poussin e Lorrain eran bastante distintos: Poussin era un pintor intelectual, con coñecementos de [[teoría da arte]], [[filosofía]] e [[Idade Antiga|historia antiga]]; en cambio Claude, iletrado en principio, era autodidacta, de escasa cultura pero cunha extraordinaria percepción visual e unha gran sensibilidade.<ref group='nota'>Ademais das súas inscricións no ''Liber Veritatis'', só se conservan tres cartas manuscritas de Claude, dirixidas ao axente do conde Johann Friedrich von Waldstein en [[Viena]], onde se constata a dificultade para escribir do artista. {{Harv|Sureda|1996|p=66}}</ref> As súas diferenzas albíscanse mesmo nos seus comitentes: Poussin contaba con moitos clientes entre a [[burguesía]] francesa e italiana; Lorrain vinculouse máis ao círculo eclesiástico e das familias nobres, na [[aristocracia]] romana.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Luna|1984|p=22.}}</ref>
 
Claude enmarcouse así nun estilo de paisaxe moi específica: a «paisaxe ideal», o cal reflicte a realidade dunha forma máis intelectual, a través dunha interpretación emocional da natureza, que é sometida a un proceso de perfeccionamento para conseguir efectos máis puros, outorgándolle un sentido da beleza e unha sensación de equilibrio e serenidade que son fiel reflexo dos ideais do artista.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Luna|1984|p=48.}}</ref> A paisaxe clásica toma as súas referencias, ao non ter modelos deixados polos antigos, da [[literatura clásica]], da poesía bucólica que desde os tempos de [[Teócrito]] dera un xénero de obras inspiradas na evocación da natureza. Lorrain evoca así o mundo das ''[[Bucólicas|Églogas]]'' e ''[[Geórgicas]]'' de [[Virxilio]], das ''[[Metamorfoses]]'' de [[Ovidio]], de forma que a paisaxe convértese nun escenario ideal para a evocación de antigas epopeas, dramas históricos e fábulas mitolóxicas.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|AA.VV.|2005|p=189.}}</ref> O estudo da natureza servía así de aliciente para a fantasía creadora, para o reflexo dun mundo interior, do propio carácter do artista. Con todo, a paisaxe non foi para Claude unha simple fórmula para aplicar en todo momento á natureza, como posteriormente sería para algúns dos seus imitadores, como [[Jan Frans Van Bloemen|Van Bloemen]] ou [[Andrea Locatelli|Locatelli]]; pola contra, foi un intérprete da natureza, reflectindo en cada cadro algo máis que a súa percepción visual, o seu sentimento interno.<ref name="roth1"/> Para as súas paisaxes inspirouse especialmente na campiña romana, nas panorámicas de [[Ostia]], [[Tívoli]] e [[Civitavecchia]], nos palacios urbanos e as ruínas [[Lacio|latinas]], no litoral [[Mar Tirreno|tirreno]] e a costa do golfo de Nápoles, desde [[Sorrento]] ata [[Pozzuoli]], e nas illas de [[Capri]] e [[Ischia]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Blunt|1992|p=307.}}</ref>
 
[[Ficheiro:The Trojan Women Set Fire to their Flee.jpg|300px|miniatura|''Mariña coas troianas queimando os barcos'' (1643), [[Metropolitan Museum of Art]], [[Nova York]].]]
Máis adiante, ampliou o seu repertorio da mitoloxía clásica á iconografía [[Cristianismo|cristiá]], a [[haxiografía]] e as escenas bíblicas. Aínda así, Lorrain outorgaba pouca importancia ao carácter narrativo da obra, que tan só era un pretexto para situar as figuras nun amplo panorama, unha paisaxe disposta a modo de escenario onde as figuras -xeralmente—xeralmente de pequeno tamaño-tamaño— sérvenlle para remarcar a súa visión enaltecida da natureza, que coa súa amplitude absorbe o drama humano. Nos seus cadros a narración só serve polo xeral para dar título ao cadro: proba da pouca importancia que concedía ás figuras é que moitas veces as deixaba aos seus axudantes, como Filippo Lauri, [[Jan Mel]] ou [[Jacques Courtois]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|AA.VV.|1958|p=216.}}</ref>
 
Na súa mocidade, seguindo as pegadas de Tassi, as súas paisaxes son agradables e dinámicas, de xénero pastoril, ricas en detalles -especialmente—especialmente personaxes e animais do mundo rural-rural—. As obras de maior tamaño realizábaas con toques rápidos, mentres que as máis pequenas, -xeralmente en [[cobre]]-, son máis finas de execución e de carácter máis íntimo. En varias obras pódense recoñecer paraxes e localidades existentes, o que fai pensar en posibles encargos; noutras, as ruínas, a arquitectura, son recreacións fantasiosas nunha paisaxe imaxinaria.<ref name="roth2">{{Cita Harvard sen parénteses|Röthlisberger|Cecchi|1982|p=6.}}</ref> Nas súas paisaxes, as ruínas sinalan a fugacidade do tempo, polo que se pode considerar que son un elemento equiparable ao xénero de [[vanitas]], un recordo do transitorio da vida, e son un antecedente da «estética da ruína» que floreceu durante o romanticismo.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Daniel|1996|p=159.}}</ref>
 
En poucos anos Claude Lorrain converteuse nun dos máis famosos paisaxistas, honrado por soberanos como [[Urbano VIII, papa|Urbano VIII]] e [[Filipe IV de España|Filipe IV]]: as obras pintadas para o monarca español son as máis monumentais realizadas polo artista ata o momento, e a súa concepción solemne e maxestosa marca o punto álxido na madurez do artista.<ref name="roth2"/> Na [[década de 1640]] recibiu a influencia de Rafael -a—a través dos gravados de [[Marcantonio Raimondi]]-, especialmente nas figuras,<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Sureda|2001|p=68.}}</ref> así como de Carracci e Domenichino, como se denota nas súas obras ''Paisaxe con San Xurxo e o dragón'' (1643), ''Paisaxe con Apolo custodiando os rabaños de Admeto e Mercurio roubándollos'' (1645) e ''Paisaxe con Agar e o anxo'' (1646).<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Sureda|2001|p=72.}}</ref>
 
[[Ficheiro:El vado, Claudio de Lorena.jpg|miniatura|300px|esquerda|''[[O vao (Claudio de Lorena)|O vao]]'' (c. 1644), [[Museo do Prado]], Madrid.]]
Lorrain prefire a luz serena e plácida do sol, directa ou indirecta, pero sempre a través dunha iluminación suave e uniforme, evitando efectos sensacionais como claros de lúa, arcos da vella ou tempestades, que con todo usaban outros paisaxistas da súa época. O seu referente básico na utilización da luz é Elsheimer, pero diferénciase deste na elección das fontes lumínicas e dos horarios representados: o artista alemán prefería os efectos de luz excepcionais, os ambientes nocturnos, a luz da lúa ou do crepúsculo; en cambio, Claude prefire ambientes máis naturais, unha luz límpida do amencer ou a refulxencia dun cálido atardecer. Tan só nuns poucos casos apreciamos en Lorrain unha iluminación nocturna, en obras como ''Mariña con Perseo e a orixe da coral'' (1674) ou ''Paisaxe coas tentacións de San Antonio Abade'' (1638). Outra fonte de información sobre a representación do tempo na obra de Lorrain son as parellas de ''[[pendant]]s'', series de cadros pareados que o artista utilizaba con composicións simétricas, que reciben a luz de lados opostos e por tanto representan a mañá e a tarde, co sol en ambos ou ben nun só dos cadros.<ref name="roth4"/>
 
Para Lorrain, a luz ten igualmente un compoñente simbólico, e tradúcese nun distinto ambiente lumínico para cada escena que representa: os temas tráxicos e heroicos están ambientados nunha fresca e serena mañá, do mesmo xeito que os temas relixiosos; as escenas plácidas e alegres, -xeralmente de tema pastoril-, represéntanse á tardiña, con intensas cores. Este simbolismo faise especialmente patente no seu [[Círculo cromático|cromatismo]]: o azul representa a divindade e a serenidade; o vermello, o amor; o amarelo, a magnificencia; o morado, a submisión; o verde, a esperanza.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Röthlisberger|Cecchi|1982|p=8.}}</ref> Para Claude, a hora matutina e vespertina fan lembrar, como ningunha outra ao longo do día, o avance inexorable do tempo. A obra de Lorrain ten un veo nostálxico que se pode interpretar como unha manifestación dunha saudade elexíaca polo pasado esplendoroso da antigüidade grecolatina, o eco dunha [[Arcadia (poesía)|Arcadia]] estrañada, dunha primitiva Idade de Ouro serena e refinada.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Martin|1986|p=201.}}</ref> Claude outorgaba máis relevancia ao sentimento poético da obra que aos efectos pictóricos, a pesar de ter unha gran capacidade de percepción que lle facía plasmar como ninguén as calidades da natureza, reflectindo así unha completa harmonía entre o home e a natureza, aínda que cun certo toque nostálxico, como se fose consciente do efémero de tanta perfección.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1971|p=95.}}</ref> Así mesmo, xuntaba o mundo clásico mitolóxico coas ideas de paz, orde e equilibrio que transmite a relixión, combinando os ideais pagáns e os preceptos cristiáns nunha sintética visión [[Humanismo renacentista|humanística]], reflectida nun ideal de harmonía universal. Na súa obra están ausentes a morte e o pecado, así como os trazos catastróficos da natureza, para crear un mundo harmónico e sereno, no que todo dea unha sensación de tranquilidade e placidez.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Luna|1984|pp=26-27.}}</ref>
 
== Técnica ==
A composición podía variar en función das dimensións do cadro: canto máis ancho, máis complexa é a composición escénica e o espazo máis diáfano, cun amplo ángulo visual, un primeiro plano de gran profundidade e un fondo composto en varios planos; en cambio, unha obra máis pequena ten un primeiro plano máis próximo, os detalles e as figuras ocupan máis espazo, o fondo é máis simple e está ocupado por un espazo libre a unha parte e unha arquitectura que pecha a vista a outra. A partir destes elementos Claude realiza unha ''[[mise en scène]]'' distribuíndo os diversos motivos que balizan as súas obras nunha infinita gama de posibilidades.<ref name="roth3"/>
 
Xeralmente realizaba de catro a oito debuxos preliminares, onde deseñaba a composición da pintura. En ocasións empregaba un cuadriculado para regular a exactitude das proporcións. Unha vez no cadro, calculaba cada liña e establecía os límites das formas e volumes, así como a posición das figuras e demais elementos da obra, todo segundo proporcións xeométricas -especialmente—especialmente mediante a utilización da [[Número áureo|sección áurea]]-, a miúdo subdividindo a anchura e a altura en terzos e cuartos.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Röthlisberger|Cecchi|1982|pp=7-8.}}</ref> Polo xeral, nas súas composicións establecía en primeiro lugar a liña do horizonte, que adoitaba situar a dous quintos de altura do lenzo.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Pijoán|2000|pp=117-119.}}</ref> A disposición adoitaba ser [[ortogonal]], co punto de fuga no horizonte, onde polo xeral se sitúa o sol, que a miúdo é o eixo da composición, xa que a difracción dos seus raios define o espazo e sinala os distintos planos en que se divide a obra. Esa alternancia de planos, marcando simetricamente a composición por etapas, lembra o método utilizado por Poussin; con todo, os seus métodos compositivos eran distintos: así como Poussin compuña os seus cadros a partir dun espazo cúbico oco, con obxectos que van retrocedendo por etapas ben delimitadas, Claude recreaba un espazo máis libre e dinámico, procurando polo xeral dirixir a mirada do espectador cara ao infinito, onde situaba un horizonte de ancho trazo.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Blunt|1992|p=312.}}</ref>
 
{{Imaxe múltiple
| foto2 = Turner - Dido.jpg | texto2 =''Dido constrúe Cartago, ou o auxe do reino cartaxinés'' (1815), de [[Joseph Mallord William Turner]], National Gallery, inspirada na obra de Lorrain.
}}
No contexto da pintura de paisaxe europea, Lorrain desempeña un papel esencial. Mentres que os pintores holandeses expresaban a beleza da súa terra partindo de principios realistas, el creou unha linguaxe renovadora a partir dos conceptos ideais do [[clasicismo francés]] -con—con orixe na [[escola boloñesa]]- e das innovacións paisaxísticas dos pintores nórdicos, cun gran sentido lírico da natureza.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Blunt|1992|pp=317-318.}}</ref> Con todo, as paisaxes de Lorrain están profundamente afastadas dos holandeses: os ámbitos nórdicos, polas peculiaridades da súa climatoloxía -ceos—ceos nubrados e luces difusas e variables-variables—, son diferentes do mundo mediterráneo, máis uniforme nas súas variacións, máis sereno e plácido. A evolución artística de Lorrain foi uniforme, cunhas claras influencias pero cun forte sinal persoal, que caracterizou o seu estilo como un dos máis orixinais da pintura de paisaxe.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Luna|1984|p=28.}}</ref>
 
Claude levou ao seu punto culminante o estudo da luz e a atmosfera como vehículos de expresión compositiva. A súa fórmula tivo un éxito inmediato,<ref group='nota'>Segundo Sandrart, «grazas a un gran traballo e a un esforzo continuo, alcanzou tal naturalidade que as súas paisaxes foron buscadas e adquiridas polos afeccionados de todas partes, e enviados aos destinos máis diversos. Se as súas primeiras obras foran pouco estimadas, as súas obras posteriores foron vendidas por cen coroas de ouro e mesmo máis, ata o punto en que el non podía producir suficientes, a pesar de que traballaba cada día con asiduidade». {{Harv|Sureda|2001|p=82}}</ref> constatado polo feito de que xa en vida tivo imitadores e, aínda que só tivo un discípulo, Angeluccio,<ref name="sur3"/> o seu estilo creou escola dentro do clasicismo francés, e influíu a artistas como [[Gaspard Dughet]], [[Jean Lemaire]], [[Francisque Millet]], [[Étienne Allegrain]], [[Jacques Rousseau]] ou [[Pierre Patel]]. Fóra do ambiente clasicista, as paisaxes de Lorrain foron moi admiradas en Flandres e Países Baixos, e inspiraron a artistas como [[Jan van Goyen]], [[Jacob van Ruisdael]], [[Jan Frans Van Bloemen]], [[Adriaen Frans Boudewyns]] e [[Pieter Nicolaes Spierinckx]]. En España, os cadros para El Buen Retiro calaron en [[Juan Bautista Martínez del Mazo]] e [[Benito Manuel Agüero]] e, máis adiante, en [[Antonio Palomino]], [[Jerónimo Ezquerra]] e os irmáns Bayeu ([[Francisco Bayeu|Francisco]], [[Manuel Bayeu|Manuel]] e [[Ramón Bayeu|Ramón]]).<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Luna|1984|pp=41-42.}}</ref>
A súa influencia perdurou no [[século XVIII]], sobre todo en Francia ([[Claude Joseph Vernet]], [[Antoine Watteau|Jean-Antoine Watteau]], [[Hubert Robert]]) e, especialmente, o [[Reino Unido]], onde inspirou a artistas como [[Joshua Reynolds]], [[John Constable]], [[Richard Wilson]] e [[Joseph Mallord William Turner]]. Constable chegou a dicir del que «pode ser considerado con todo merecemento como o paisaxista máis ilustre que o mundo viu xamais».<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Rubiés|2001|p=16.}}</ref> Turner foi un dos maiores entusiastas de Claude, e no seu cadro ''Dido constrúe Cartago, ou o auxe do reino cartaxinés'' (1815) realizou unha composición case idéntica ás máis típicas de Lorrain; o artista inglés doou este cadro á [[National Gallery]] coa condición de que fose colgado xunto ao ''Porto co embarque da Raíña de Saba'' de Lorrain.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Rubiés|2001|p=22.}}</ref> Existe unha anécdota segundo a cal cando Turner viu por primeira vez a obra de Claude rompeu a chorar, e cando lle preguntaron polo motivo da súa aflición respondeu: «Porque nunca serei capaz de pintar algo semellante».<ref>{{cita web |url=http://bajoelsignodelibra.blogspot.com.es/2012/04/claude-lorrain-turner-cegados-por-la.html|título=Claude Lorrain & Turner: Cegados por la luz|dataacceso=11 de xuño de 2012|autor=Javier Arnott Álvarez|data=24 de abril de 2012}}</ref>
 
Nas illas británicas, a influencia de Lorrain chegou mesmo ao campo da [[Xardín inglés|xardinaría]], e numerosos xardíns foron proxectados de acordo á visión romántica e bucólica das obras de Claude, cun marcado acento [[pintoresco]], onde xunto a elementos naturais colocábanse arquitecturas ou ruínas, -xeralmente realizadas ''ex profeso,''- para recrear atmosferas evocadoras dun pasado esplendoroso.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Rubiés|2001|pp=20-21.}}</ref> Neste país atópanse a maioría de obras do artista lorenés, tanto en museos públicos (Galerías Nacionais de [[Galería Nacional de Londres|Londres]], [[Galería Nacional de Cardiff|Cardiff]], [[Galería Nacional de Dublín|Dublín]] e [[Galería Nacional de Edimburgo|Edimburgo]]) como en coleccións privadas, entre as que destaca a do [[Thomas Coke|Conde de Leicester]] en [[Holkham Hall]], [[Norfolk, Inglaterra|Norfolk]].<ref group='nota'>A colección do Conde de Leicester contén sete grandes lenzos de Lorrain: ''Apolo esfolando a Marsias'', ''Paisaxe con Argo custodiando a Ío'', ''Paisaxe con Herminia e os pastores'', ''Escena clásica de río con panorama de cidade'', ''Mariña con Perseo e a orixe da coral'', ''Paisaxe con Ester entrando no palacio de Asuero'' e ''Paisaxe con Apolo custodiando o rabaño de Admeto e Mercurio roubándollo''. ({{cita web|url=http://www.bridgemanart.com/search/collection/HOLKHAM-HALL/1145 |título=Collection Holkham Hall|dataacceso=21 de xuño de 2012|idioma=inglés}})</ref><ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Rubiés|2001|pp=38-40.}}</ref> As obras de Claude tiveron unha forte demanda entre a nobreza inglesa, ata o punto de que en 1808 a venda de dous cadros do lorenés (os famosos ''Altieri'') alcanzou o récord ata entón por unhas obras de arte, 12.000 [[Guinea (moeda)|guineas]].<ref group='nota'>Coñécese por ''Altieri'' dous grandes lenzos de Lorrain: ''Paisaxe co desembarco de Eneas no Lacio'' (1673) e ''[[Paisaxe co pai de Psique ofrecendo sacrificios no templo de Apolo]]'' (1675). O nome provén do comitente das obras, Gasparo Altieri, sobriño político do papa [[Clemente X]]. En 1799 foron adquiridos polo coleccionista William Thomas Beckford por 6 500 guineas, que á súa vez os vendeu en 1808 a Richard Hart Davis por 12.000 guineas, case o dobre. Actualmente atópanse na Colección Fairhaven, Anglesey Abbey, [[Cambridgeshire]]. ({{cita web|url=http://www.christies.com/lotfinder/lot_details.aspx?intObjectID=5287587|título=Claude Gellée, called Claude Lorrain (Chamagne 1600-1682 Rome)|dataacceso=22 de xuño de 2012|lingua=inglés}})</ref>
 
No [[século XIX]] a súa influencia albiscouse en paisaxistas como [[Camille Corot]], [[Charles-François Daubigny]], [[Théodore Rousseau]] e [[Hans Thoma]], mentres que as súas investigacións no terreo da luz tiveron eco no [[impresionismo]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Luna|1984|pp=28-29.}}</ref> En 1837 publicouse por primeira vez o catálogo completo da súa obra, en ''Catalogue Raisonné of the Works of the Most Eminent Dutch, Flemish and French Painters'', de John Smith.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Sureda|2001|p=84.}}</ref> Por último, mesmo no [[século XX]] vese a pegada loreniana nun cadro de [[Salvador Dalí]], ''A man de Dalí levantando un veo de ouro en forma de nube para mostrar a Gala a aurora espida, moi lonxe detrás do sol'' (1977), versión [[Surrealismo|surrealista]] do cadro de Lorrain ''O porto de Ostia co embarque de Santa Paula Romana'', realizado en dous lenzos para ofrecer unha visión [[Estereoscopia|estereoscópica]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Néret|2000|p=86.}}</ref>
23.057

edicións