Rafael González Villar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 21:
No 1915 proxectou a Casa Molina e o monumento a [[Concepción Arenal]] na cidade da Coruña. Constitúen tódalas obras anteriormente descritas unha arquitectura estreitamente vinculada ó academicismo que avanza paulatinamente cara un tipo de arquitectura máis rexionalista.
 
Encargóuselle a construción dunha escola en [[Betanzos]] no ano 1917 e un ano despois encomendóuselle a Casa do Pobo, ámbalas dúas obras legado de [[Jesús García Naveira]] á cidade brigantina. Realizou amais outras obras, entre as que se poden destacar a Casa Núñez e as reformas do Liceo e do [[Teatro Alfonsetti]] na vila betanceira ou a Casa Companioni na [[Cidade Xardín da Coruña]], compaxinando a súa actividade profesional co cargo de arquitecto municipal da cidade herculina a partir de 1925. Atribúeselle tamén a creación dos Cines Capitol en Betanzos<ref name="nouvo">Cabano Vázquez, Ignacio; [http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab1985PDF/1985%20131_144.pdf "La Arquitectura de Rafael González Villar en Betanzos"] pdf {{es}}.</ref>.
 
No 1922 foi proxectado polo arquitecto coruñés o [[Edificio Castromil]]<ref name="castr">[http://www.a16-01.com/pdfs/CAU/1975/CAU750901052.pdf "Otras obras destruidas. Edificio Castromil"] pdf {{es}}.</ref>, de estilo ecléctico expresionista próximo ó modernismo, situado en [[Santiago de Compostela]]. Tamén se constrúe en Compostela un edificio de vivendas proxectado polo arquitecto galego na rúa do Hórreo, facendo esquina coa actual Praza de Galicia en 1927.