Emil Kraepelin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m →‎Traxectoria: John D. Rockefeller
Liña 21:
Foi designado membro da [[Real Academia das Ciencias de Suecia]] en 1908.
 
En 1912, como resposta á petición da Sociedade Alemá de Psiquiatría, empezou a planear o establecemento dun centro de investigación. Tras unha grande doazón do banqueiro xudeu estadounidense-alemán [[James Loeb]], que fora unha vez paciente, fundouse o Instituto Alemán para a Investigación Psiquiátrica en 1917 en Múnic. Inicialmente atopábase nos edificios dun hospital xa existente, sendo mantido por Loeb e a súa familia. En 1924, púxose baixo o auspicio da Sociedade Kaiser Wilhelm. A [[Fundación Rockefeller]] da familia estadounidense-alemá [[John D. Rockefeller|Rockefeller]] faría unha doazón que permitiría erguer un novo edificio dedicado ao instituto, que foi oficialmente aberto en 1928.
 
Kraepelin manifestouse en contra do tratamento bárbaro que prevalecía nos asilos psiquiátricos da época, e lanzouse nunha cruzada contra o alcohol, a pena capital e a prisión en vez do tratamento da tolemia. Rexeitou as teorías psicanalíticas de que a sexualidade ou condicións innatas eran a causa das enfermidades mentais, e rexeitou a especulación filosófica por non-científica. Concentrouse na recolección de datos clínicos, e estaba particularmente interesado na neuropatoloxía.