Eucalipto azul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*rendabilidade > redibilidade.
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 88:
Un bosque de eucaliptos pode crear problemas de incendios incontrolables debido á grande altura que acadan estas árbores en pouco tempo de crecemento e á fácil combustión da súa madeira. En bosques mestos de eucaliptos, as lapas dun incendio poden acadar máis de 300 metros de alto, como se pode comprobar en Australia na época da seca. Co incendio poden perder toda a masa foliar, que reaparece sen problemas coas primeiras chuvias<ref>Nesta [https://archive.is/20120912062652/www.terra.es/personal6/dirkdigler/globulus.htm páxina web] pode verse unha fotografía da recuperación dun eucaliptal queimado en Porto do Son ao cabo dun ano do incendio. As novas árbores xa superaban os dous metros de altura.</ref>.
 
Os eucaliptos son unhas árbores que provocan [[alosteria]], un fenómeno consistente na emanación de certas substancias químicas que fan que non medren árbores ou herbas doutra clase ao seu redor. En Australia, a flora autóctona está adaptada a estas árbores e aos seus fenómenos alostéricos, de xeito que nese país os eucaliptais si teñen sotobosque, estrato fundamental para o ecosistema dun bosque. Ademais a fauna autóctona ([[koalacoala]]s) aliméntase destas árbores, de xeito que se alcanza un ecosistema equilibrado.
 
Estudos realizados en Galicia sobre eucaliptais vellos e implantados matizan esta observación no sentido de que, ao madurar a masa de árbores, descende a densidade da masa foliar e permítese o acceso da luz solar ao chan. Así, Silva Pando ofrece os seguintes datos: 21 especies vexetais diferentes no caso dos eucaliptais fronte ás 22 especies nas matogueiras ou nos piñeirais, cifra que se eleva a 29 especies nunha fraga consolidada. Ramil Rego daba diferenzas moito máis significativas referidas a un bosque da Mariña lucense: menos de 20 plantas vasculares nun eucaliptal maduro fronte a 60-70 especies nun bosque autóctono.