Hieronymus Bosch: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m completo o modelo
ligazóns internas
Liña 25:
}}
 
'''Hieronymus Bosch''', [[Latinización|latinizado]] como Bosco e tamén coñecido como '''Jeroen Bosch''' ou polo nome real '''Jeroen van Aken''', nado en [['s-Hertogenbosch]] contra [[1450]] e finado en 's-Hertogenbosch en agosto de [[1516]], foi un prolífico pintor [[Países Baixos|neerlandés]].
 
== Traxectoria ==
Nacido nunha familia de pintores holandeses e alemáns, viviu boa parte da súa vida en [['s-Hertogenbosch]], cidade florecente no século XV, no [[Ducado de Brabante]] (Brabant), no sur da actual [[Países Baixos|Holanda]]. En 1463, arredor de 4.000 casas da cidade ficaron destruídas por un pavoroso incendio, do que Bosch, que tería uns 13 anos de idade, puido ser testemuña. Foi un pintor popular e recibiu encargos incluso do estranxeiro. En 1488 afiliouse á Irmandade da Nosa Señora, unha confraría relixiosa conservadora, que agrupaba a uns 40 individuos influentes de 's-Hertogenbosch e uns 7.000 en toda Europa.
 
=== Estilo ===
Moitas das súas obras describen o [[pecado]] e os fallos da [[moral]] humana. Bosch usaba imaxes de demos, animais semihumanos e máquinas que evocan o medo e a confusión que retratan a maldade do home. As obras súas conteñen un complexo, orixinal, imaxinativo e denso uso de figuras simbólicas e [[Iconografía|iconográficas]], moitas das cales eran xa misteriosas e enigmáticas no seu tempo. Mantense que ten sido unha fonte de inspiración para o movemento [[surrealismo|surrealista]] do [[século XX]].
 
== Obra<ref>Trátase soamente dunha selección.</ref> ==