Giovanni Boccaccio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 22:
 
== Biografía ==
[[File:Genealogia deorum gentilium.tif|thumb|''Genealogia deorum gentilium'', 1532]]
Giovanni Boccaccio naceu en xuño ou xullo de 1313,<ref>[http://www.brown.edu/Departments/Italian_Studies/dweb/boccaccio/life1_i.shtml "Vita e opere di Boccaccio. Prima parte"] {{it}}. Consultado o 23/VI/2009.</ref> fillo ilexítimo do mercador Boccaccio (Boccaccino) di Chellino, axente da poderosa compañía mercantil dos Bardi. Nada se sabe con certeza acerca da identidade da súa nai. Discútese onde naceu Boccaccio: puido nacer en [[Firenze|Florencia]], en [[Certaldo]] ou, incluso, segundo algunhas fontes, en [[París]], lugar ao que se desprazaba moitas veces seu pai por motivos de traballo. Sábese que a súa infancia transcorreu en Florencia, e que foi acollido e educado polo seu pai, e incluso continuou vivindo na casa paterna despois de 1319, cando o pai casou con Margherita dei Mardoli. Boccaccio viviu en Florencia até 1325 ou 1327, cando o seu pai o enviou a traballar á oficina que a compañía posuía en [[Nápoles]].