Ealdorman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m elimino a Categoría:Nobres mediante HotCat
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos de formato
Liña 1:
{{en uso}}
Un '''''ealdorman''''' (do [[inglés antigo]] ''ealdorman'', lit. "home vello"; plural: "'''ealdormen'''") é o termo usado para un funcionario real de alto rango e maxistrado principal dun [[Shire|''shire'']] ou grupo de ''shires'' [[Anglosaxóns|anglosaxón]] desde o século IX até o tempo do [[Canuto o Grande|rei Cnut.]] O termo ''ealdorman'' foi traducido ao [[Lingua latina|latín]] como ''[[dux]]'' nos primeiros diplomas dos [[Wessex|Saxóns occidentais]], e como ''[[Prefecto|præfectus]]'' (que é tamén o equivalente de ''gerefa'', moderno ''reeve'', de onde deriva a palabra [[Shériff|xerife]] ou ''shire reeve''). Na ''Vida de'' ''[[Alfredo o Grande|Rei Alfred]]'', escrita polo bispo galés [[Asser]], tradúcese como ''comes.''<ref>David A. E. Pelteret, ''The ''Earldormen'' of Alfred’s Reign''.</ref>. Como principal maxistrado dun ''shire'' ou grupo de ''shires'' (condado) na [[Inglaterra anglosaxoa]], mandaba o exército dos distritos baixo o seu control, en nome do rei.
 
== Nomeamento ==
Eran designados polo rei e orixinalmente proviñan na súa maioría de familias antigas e poderosas, pero máis tarde foron escollidos de entre os ''comites'' (plural de comes, lit. "compañeiro") do rei e moitos, especialmente a ''comezos'' do período [[Danelaw|danés]], eran novos no oficio. Cando os reinos máis pequenos, como [[Reino de Sussex|Sussex]] e [[Reino de Essex|Essex]], foron absorbidos por un maior, por exemplo, [[Wessex]], a anterior familia gobernante parece sufrir unha diminución do seu título de "Rei" ou "Vicerrei" a ''Eorldorman.'' Presumibelmente, este cargo sería inicialmente hereditario, pero na última fase da época anglosaxoa este cargo non era hereditario ou o era só de forma excepcional. Hai varios exemplos de ''ealdormen'' do século X, cuxos fillos se converteron en ''ealdormen'' (aínda que non sempre do mesmo distrito), tales como [[Æthelstan Medio Rei]] e [[Æthelweard o Cronista]].
 
== Condes ==
Cara ao final do século X, o termo ''ealdorman'' desapareceu gradualm<span>en</span>te, sendo substituído por ''eorl'', probabelmente baixo a influencia da palabra danesa ''jarl'', que evolucionou a ''earl'' en <span>[[Lingua inglesa|inglés moderno.]]</span> O termo é análogo en ocasións ao termo [[Lingua francesa|francés]] conde, derivado do latín ''comes.'' Pódese pensar nos ''ealdormen'' como os primeiros condes ingleses, xa que os seus territorios, '''''ealdormanries''''' (singular '''ealdormanry''', co mesmo significado que ''condado'') evolucionarían até converterse nos grandes ducados da Inglaterra anglonormanda e anglodanesa.
 
== ''Aldermen'' ==
Aínda que podemos considerar aos condes como sucesores dos ''ealdormen'', a propia palabra ''ealdorman'' non desaparece e sobrevive, chegando até os nosos días como ''alderman''. Este termo, con todo, desenvolveu un significado claramente diferente que pouco ten que ver cos ''ealdormen'', que gobernaron ''shires'' ou áreas máis grandes, en tanto que os ''aldermen'' son os membros dunha asemblea municipal ou concello.
 
== Notas ==