Río Indo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Percorrido: arranxiño
Sen resumo de edición
Liña 20:
O río Indo proporciona os recursos hídricos clave para a [[economía de Paquistán]] -especialmente o ''celeiro'' da [[Punjab, Paquistán|provincia de Punjab]], que representa a maior parte da produción agrícola da nación, e de Sindh. O Indo tamén soporta moitas industrias pesadas e constitúe o principal fornezo de auga potable en Paquistán. Os ''cinco ríos'' que dan nome ao Punjab son o [[río Jhelum|Jhelum]], [[río Chenab|Chenab]], o [[río Ravi|Ravi]], o [[río Beas|Beas]] e o [[río Sutlej|Sutlej]].
 
Antes da división en 1947 da antiga India nos modernos estados deda India e Paquistán, o Indo era o segundo río en importancia da rexión, despois do [[río Ganxes]], tanto en termos culturais como comerciais. Na actualidade o río tamén dá nome á provincia paquistaní de Sind.
 
O río foi unha fonte de asombro durante o período clásico. O rei [[Darío I]] de Persia enviou a [[Escílax de Carianda]] a explorar o Indo entre os anos [[-519|519]] e [[-512|512 a. C.]], ests descendiuno ata chegar ao mar. Chamado Hindós ou Indós polos gregos e logo Indus polos autores latinos, foi sempre coñecido en Occidente polo seu nome latinizado que tamén deu nome á [[India]] (Bharat).
Liña 43:
Os primeiros europeos que se sabe que recoñeceron este río foron as trpas greco-macedonias de [[Alexandre o Grande]] que no Indo prácticamente atopou o límite oriental do seu imperio, xa que as súas forzas retiráronse ao longo do curso meridional do río ao final da campaña de Asia logo da conquista do que hoxe é Paquistán, uníndoo ao Imperio helénico. O nome Indus utilízase no libro de [[Megástenes]] [[Indica (Arrian)|''Indica'']] para o poderoso río cruzado por Alexandre, baseándose no relato contemporáneo de [[Nearchus]]. «Indus» é un derivado helénico do [[lingua iraniana|iranio]] Sindus, que á súa vez deriva de Sindhu, o nome do Indo no ''[[Rigveda]]'', xa que o río está considerado, polos [[hinduísmo|hinduístas]], un dos [[sete ríos sagrados]] da India. O termo [[Lingua sánscrita|sánscrito]] ''sindhu'' significa xenéricamente ’río’ ou ’mar’, probablemente a partir dunha raíz ''sidh'' que significa ’afastar’. O termo Sindhu aparece 176 veces no ''Rigveda'', 95 veces en plural, utilizado máis a miúdo no significado xenérico. Xa no ''Rigveda'', sobre todo nos últimos himnos, o significado da palabra redúcese ao referirse ao río Indo en particular, por exemplo, na lista dos ríos do ''[[Nadistuti sukta]]''. Isto deu lugar á anomalía dun río de xénero masculino: todos os demais [[Sete ríos sagrados|ríos rigvédicos]] son femininos, non só gramaticalmente, sendo imaxinados como deusas e comparados con vacas e eguas que daban leite e manteiga.
 
A partir dos datos aportados polos autores gregos que comezaron a mencionar a palabra ''"[[India]]"'' en referencia a todo o [[subcontinente Indio]], daquela os autores latinos falarían dunha [[India cisganxética]] (a India deste lado do Ganxes) e dunha [[India transganxética]] (a India do outro lado do Ganxes).
 
Antiguamente os [[Persia|persas]] e outros pobos de linguas iranias chamaban Sindhu a este río, estendendo ese nome aos habitantes de todo o [[subcontinente indio]], co nome de Sindhustán (’país [do] Sindhu’).
Liña 49:
O Indo formou unha fronteira natural entre o subcontinente indio e a súa fronteira coa [[meseta iraniana]], unha rexión que inclúe o [[Baluchistán, Paquistán|Baluchistán]] paquistaní, [[Jaiber Pastunjuá]], así como Afganistán, [[Taxikistán]] e Irán. Foi cruzado polos exércitos de [[Alexandre o Grande]] -as súas forzas macedonias retiráronse ao longo do curso meridional do río ao final da campaña de Asia logo da conquista o que hoxe é Paquistán e unírono ao Imperio helénico. As chairas do Indo tamén estiveron baixo a dominación do [[imperio persa]] e do [[imperio de Kushan]]. Os exércitos musulmáns de [[Muhammad bin Qasim]], [[Mahmud de Gazni]], [[Mohammed de Ghor]], [[Tamerlán]] e [[Babur]] tamén cruzaron o río para golpear nas rexións interiores do Panxab e máis ao sueste.
 
A palabra [[etimoloxía deda India|«India»]] deriva do río Indo. Na Antigüidade, inicialmente «India» referíase á rexión de Paquistán que se sitúa ao longo da beira este de o río Indo, pero cara ao ano [[-300|300 a.C.]], os escritores gregos como Megasthenes aplicaron o termo ao subcontinente que se estende máis cara ao leste.<ref>[[Henry Yule]]: [http://dsal.uchicago.edu/cgi-bin/philologic/getobject.pl?c.1:1:191.hobson «India, Indies»], en [[Hobson-Jobson]]: ''A glossary of colloquial Anglo-Indian words and phrases, and of kindred terms, etymological, historical, geographical and discursive''. Editado por William Crooke. Londres: J. Murray, 1903.</ref>
 
== Xeografía ==
Liña 61:
O Indo é o provedor de recursos hídricos máis importantes nas chairas de Punjab e de Sindh (que constitúen a columna vertebral da agricultura e a produción de comida de [[Paquistán]]). O río é especialmente importante, xa que a choiva é escasa na parte baixa do val do Indo. As canles de rego foron inicialmente construídas pola xente da civilización do val do Indo, e posteriormente por enxeñeiros do [[Imperio Cuxano]] e do [[Imperio Mogol]]. A moderna irrigación foi introducida pola [[British East India Company]] en [[1850]] (a construción de modernas canles foi acompañada co arranxo das vellas). Os británicos supervisaron a construción dunha das máis complexas redes de rego do mundo. A presa de Guddu ten 1.350 m de longo e rega [[Sukkur]], [[Jacobabad]], [[Larkana]] e [[Kalat]]. A presa de Sukkur atende a máis de 20.000 km2.
 
Despois da aparición de Paquistán, asinouse en [[1960]] un tratado de control de augas entre a [[India]] e Paquistán, garantindo que este último país recibiría auga do Indo e dos seus afluentes do oeste. O Proxecto Conca do Indo consitíu primeiramente na construción de dúas presas principais, a de Mangala no río Jhelum River e a de Tarbela no Indo, xunto coas súas presas subsidiarias. A Autoridade Paquistaní de Desenvolvemento de Auga e Enerxía levou a cabo a construción da canle Chashma-Jheluml (unindo as augas dos ríos Indo e Jhelum), extendendo a subministración de auga ás rexións de [[Bahawalpur]] e [[Multan]]. Paquistán construíu a presa de Tarbela preto de [[Rawalpindi]] (de 2.743 metros de longo e 143 de altura, cun depósito de 80&nbsp;km). A presa de Kotri, presto de [[Hyderabad]] ten 915 metros de longo e proporciona recursos adicionais a [[Karachi]]. A presa de Taunsa, preto de [[Dera Ghazi Khan]] produce 100.000 quilowatios de electricidade. A extensa vinculación dos afluentes co Indo axudou a difundir os recursos hídricos ao val de [[Peshawar]], en [[Khyber Pakhtunkhwa]]. Os amplos proxectos de rego e presas proporcionan as bases para a gran produción de cultivos en Paquistán, como [[algodón]], [[cana de azucre]] e [[trigo]]. As presas tamén xeran electricidade para as industrias pesadas e os centros urbanos.
 
== Afluentes ==