Diferenzas entre revisións de «Lingua sánscrita»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
| corfamilia = Indoeuropea
| estados = Sur de [[Asia]]
| rexión = A [[India]] e outras áreas da [[Asia Meridional]], partes do [[Sueste da Asia]]
| falantes = 6.106 nativos ([[1981]]); 194.433 de segunda lingua ([[1961]])
| posición =
No século III d.C., os primeiros [[prácrito]]s (ou ''prākr̥ta'', «[ingua] ordinaria ») aparecen testemuñados, en especial grazas ás inscricións de [[Ashoka]]. Estas linguas así designadas correspóndense a dialectos menos "nobres" que o sánscrito, é dicir, linguas vulgares e vernáculas de uso cotián que, rapidamente, se separan unha das outras e dan orixe á multitude de linguas indoarias presentes no subcontinente indio. Todas saídas do antigo indoario, elas coñecen cada unha unha evolución e un destino diferentes. É de tales prácritos de onde proveñen, entre outras, as linguas modernas como o [[hindi|hindī]], o [[penxabí|pañjābī]], ou mesmo o [[bengalí|bangālī]]. Estas linguas son «vulgares» do mesmo xeito que o ''[[latín]] vulgar'', é dicir « faladas polo pobo »; o seu estatuto de idiomas vernáculos vivos, de linguas consideradas inferiores polo tanto, explica por qué hai que esperar cando menos ao século XIX para que a literatura en linguas modernas suplante finalmente á escrita en sánscrito.
 
Ademais das inscricións de Ashoka, numerosas citas en prácritos están tamén testemuñadas en textos sánscritos, especialmente no teatro, onde as personaxes de rango inferior se expresan xeralmente en lingua vernácula. Estes testemuños, porén, son esencialmente literarios, e non poden ser tomados como totalmente reais. Pódese establecer unha analoxía co «[[patois]]» usado en certas obras de [[Molière]], como ''[[Dom Juan ou le Festin de pierre|Dom Juan]]'', que serven para representar unha fala popular; o que aí aparece non pode ser tomado como unha atestación real das linguas vernáculas francesas da súa época, pero son susceptíbeis, ''mutatis mutandis'', de nos aprender algo acerca destas linguas. A literatura prácrita está porén representada de maneira independente, pero a miúdo enmascarada polo sánscrito clásico. Un dos prácritos, o [[pali|pāḷi]], coñece un destino diferente: volto el tamén lingua sagrada, a do budismo [[teravada]], non evoluciona case nada e emprégase tal cal na liturxia e nas exéxeses ata os nosos días. Finalmente, o [[xainismo|canon jain]], redactado nun prácrito chamado ''ardhamāgadhī'', ofrece numerosos testemuños, aínda que outra volta literarios, dunha das linguas vulgares realmente faladas na Antigüidadeantigüidade india.
 
É nos comentarios que [[Patañjali]] fai da gramática de Pāṇini (na súa obra chamada ''[[Mahābhāṣya]]''), no século II a.C., onde aparecen as primeiras críticas: o comentarista proba que o sánscrito é aínda unha lingua viva, pero salpicada de formas dialectais; é recoñecida, pois, a existencia dos prácritos e rexeitada a utilización de formas vulgares; a noción de norma gramatical aparece máis fortemente, e é a partir deste momento que o sánscrito vai ser fixado para devir o sánscrito clásico, por fin designado nos textos por medio do vocábulo ''saṃskr̥ta'' (o cal non é porén empregado por Patañjali), propiamente « rematado », « perfectamente preparado » (dise tamén da comida). A lingua, tras a era cristiana, deixa de ser falada de forma natural: está perfectamente descrita pola gramática e xa non evoluciona máis. É unha lingua cultural e relixiosa, sen vínculo directo coas linguas vivas, usada a miúdo como ''[[lingua franca]]'' e como lingua literaria (mesmo polos pobos que non falaban unha lingua saída do antigo indio, como os falantes de [[linguas dravídicas]], ata que as linguas neoindias xurdidas dos prácritos, ao redor do século XIV d.C., comezan realmente a se impoñer na escrita para, no século XIX d.C., suplantar ao sánscrito na produción literaria. É notábel que o [[lingua támil|tamiḻ]], lingua dravídica sen relación de filiación co sánscrito, fóra dunha cultura tamén moi antiga, estivo en competencia co sánscrito moito antes, desde os primeiros séculos da nosa era.
71.694

edicións