Antonio Noriega Varela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 19:
Estudou no [[seminario de Mondoñedo]], onde trabou amizade con [[Leiras Pulpeiro]]. En [[1895]], cunha composición de carácter costumista, resultou vencedor dun certame poético realizado na súa cidade natal, onde estaban de xurado, entre outros, [[Manuel Murguía]], [[Eduardo Pondal]] e [[Andrés Martínez Salazar]].
 
En [[1901]] ocupou o posto de mestre de escola en [[Foz]], onde coñeceu a [[Antón Villar Ponte]] e entrou en contacto co [[Agrarismo|movemento agrario]] que abandeiraba [[Basilio Álvarez]]. Neste intre foi cando Noriega comezou a escribir poemas cívicos alentando á loita agraria e formou parte do periódico local ''[[¡Guau... Guau!]]'', no cal estaban Villar Ponte e Camilo Cela, pai de [[Camilo José Cela]]. Por estas actividades foi trasladado forzosamente a [[Calvos de Randín]], no extremo sur de [[Provincia de Ourense|Ourense]], preto da fronteira portuguesa.
 
Tres anos despois logrou o seu traslado á escola de [[Trasalba, Amoeiro|Trasalba]], preto da cidade de [[Ourense]], onde fixo amizade con [[Otero Pedrayo]] e os demais integrantes do [[Grupo Nós]]. Grazas ás lecturas na extensa biblioteca do pazo de Trasalba, propiedade de Otero Pedrayo, Noriega Varela coñeceu en profundidade a [[literatura portuguesa]], que deixaría unha gran pegada na súa obra.