Eilat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 58:
O área foi designada como parte do estado xudeu no [[Plan de partición de Palestina das Nacións Unidas|plan de partición de 1947]]. O posto abandonado da policía británica de ''Umm Al-Rashrash'' foi ocupado sen loitas o [[10 de marzo]] de [[1949]], como parte da [[operación Uvda]].<ref>{{cite journal|author=John S. Haupert|title=Development of Israel's Frontier Port of Elat|journal= The Professional Geographer|volume=16|issue= 2|pages=13–16}}</ref><ref>{{cite book|last1=Nowar|first1=Maan Abu|title=The history of the Hashemite Kingdom of Jordan.|date=2002|publisher=Ithaca Press|location=Oxford|isbn=0863722865|page=297|edition=1.|url=https://books.google.com/books?id=H_JtAAAAMAAJ}}</ref>
 
As miñas de Cobre de Timma<ref>{{cite web|url=https://www.timna.co.il/ |title=Timna Copper Mines homepage |deadurl=bot: unknown |archiveurl=https://web.archive.org/web/20160419020843/http://www.timna.co.il/ |archivedate=2016-04-19 |df= }}</ref> preto do [[val de Timma]] quedaron abertas, construíuse un porto, e o turismo comezou a chegar. A construción da cidade e o [[porto de Eilat]] comezou pouco despois do final da guerra. O porto pasou a ser vital para o desenvolvemento do novo país.
 
Trala [[Guerra árabe-israelí de 1948]], os países árabes mantiveron un estado de hostilidade con Israel, bloqueando tódalas rutas terrestres; os accesos a Israel e o comercio co resto do mundo realizábase por aire e mar. Máis adiante, Exipto denegou o paso pola [[canle de Suez]] aos buques rexistrados en Israel e a calquera buque que transportara mercancías cara portos israelitas. Isto converteu ao porto de Eilat nun punto crucial para as comunicacións de Israel, o seu comercio e intercambios con África e Asia, así como para as importacións de petróleo. Sen acceso a un porto no [[mar Vermello]], Israel non podería lograr as súas relacións diplomáticas, culturais e comerciais máis aló do [[mar Mediterráneo]] e [[Europa]]. Esta situación sucedeu en 1956 e de novo en 1967, cando o peche por parte de Exipto dos [[estreitos de Tirán]] ao comercio para Israel bloqueou o porto de Eilat.
 
En [[1956]], isto levou a participación israelí xunto ao [[Reino Unido]] e [[Francia]] na guerra contra [[Exipto]] desatando a [[Guerra de Suez]], mentres en 1967 o 90% do petróleo israelí pasaba polos estreitos de Tirán.<ref name="ShlaimLouis2012p224">{{cite book|author1=Avi Shlaim|author2=William Roger Louis|title=The 1967 Arab-Israeli War: Origins and Consequences|url=https://books.google.com/books?id=8YhNPNeBh8IC&pg=PA27|date=13 de febreiro de 2012|publisher=Cambridge University Press|isbn=978-1-107-00236-4| quote="90% of Israeli oil was imported through the Straits of Tiran"|pages=224}}</ref> Os petroleiros que tiñan que cruzar os estreitos retrasaronse.<ref name="ShlaimLouis2012p27">{{cite book|author1=Avi Shlaim|author2=William Roger Louis|title=The 1967 Arab-Israeli War: Origins and Consequences|url=https://books.google.com/books?id=8YhNPNeBh8IC&pg=PA27|date=13 de febreiro de 2012|publisher=Cambridge University Press|isbn=978-1-107-00236-4| pages=27}}</ref><ref>{{cite web|title=Daily brief to the U.S president on 27 May 1967|url=http://www2.gwu.edu/~nsarchiv/pdbnews/blanton11.pdf|date=27 de maio de 1967|quote="diverted as was a sister ship yesterday}}</ref> O peche dos estreitos foi citado por Israel como un ''[[casus belli]]'' adicional, levando ao comezo da [[Guerra dos Seis Días]]. Tralo tratado de paz asinado con [[Exipto]] en [[1979]] e [[Xordania]] en [[1994]], as fronteiras de Eilat cos seus veciños quedaron finalmente abertas.
 
== Clima ==