Igrexa de Santa Mariña Dozo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 18:
A ábsida, de planta cadrada, ábrese cun arco apuntado e posúe [[bóveda de crucería]], formando unha estrela de catro puntas, e cun sol na clave, que representa a Cristo. Quedan aínda algúns restos, moi deteriorados, das pinturas murais do [[século XVI]] que recubrían as paredes ata a liña da imposta. [[Antonio López Ferreiro|López Ferreiro]] di o seguinte sobre estas pinturas: "''A pesar do seu pésimo estado de conservación, aínda é posible observar o vigor dos tons e a suavidade e harmonía do colorido''" <ref>''A pesar de su pésimo estado de conservación, aún es dado observar el vigor de los tonos y la suavidad y armonía del colorido''.</ref>. No primeiro tramo da ábsida había dous altares de pedra con retablos de cantería dos que xa non quedan restos.
[[Ficheiro:Santa Mariña 03-43.JPG|miniatura|Bóveda da capela da Encarnación, con Cristo mostrando as chagas, na clave central, e os catro Evanxelistas, nas dos arcos laterais.]]
Na [[sancristía]], no [[lado da epístola]] da capela maior, existen tamén restos de pinturas murais e houbo un [[Calvario (cristianismo)|Calvario]] nunha fornela que se coñece porque foi descrito por López Ferreiro. Esta sancristía, o mesmo cás cinco capelas laterais, foron construídas con posterioridade ó corpo principal da igrexa, encaixándoas entre os contrafortes. As dúas primeiras, unha a cada lado contando desde o pé da igrexa, so teñen uns 2 metros de profundidade e fan pensar nun uso soamente funerario; nunha delas exponse unha imaxe típica dos [[peto de ánimas|petos de ánimas]] e dúas tampas de sartegos xa inexistentes. As capelas poden datarse no segundo terzo do século XVI e existe documentación de 1549 que avala a existencia de, canto menos, unha capela, a de Alonso Fariña, veciño de Pontevedra, para a que se encarga nesa data a construción dun retablo. Unha última capela foi construída cara 1600.
 
A capela da [[Encarnación]], no lado Norte, é a que aparece datada en 1590, se ben contén pezas decorativas anteriores. Chámase así porque o arco de acceso está decorado por relevos que representan este momento e que lembran a mesma imaxe nos [[baldaquino]]s galegos. Na clave do arco, unha imaxe de Deus en maxestade, bendicindo ós fieis. Fronte a esta capela hai outra na que destacan as figuras de Cristo e os doce apóstolos ó longo do arco de acceso.