Igrexa de Santa María a Nova de Noia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 5:
A '''igrexa de Santa María a Nova''' é un dos monumentos relixiosos e históricos máis representativos da vila de [[Noia]]. Trátase dunha igrexa construída en [[1327]] sobre outra máis antiga (do século XII), no centro do [[cemiterio]] histórico da cidade, e posúe unha mostra singular de laudas sepulcrais que datan dos séculos XIV ó XIX. Foi declarada monumento histórico artístico en [[1973]] e non posúe culto, estando actualmente dedicada a [[Museo]].
 
Foi construída polo [[arcebispo]] [[Santiago de Compostela|santiagués]] [[Berenguel de Landoria|Berenguel de Landoira]] (1262-1330), de orixe francesa, en estilo [[arquitectura gótica|gótico]] mariñeiro con influencia do [[románico]] <ref>Outras fontes descríbena como románico tardío.</ref>, sobre outra igrexa anterior do século XII. Isto pode explica-la denominación de Santa María ''a Nova'' como testemuña dunha anterior Santa María ''a Vella''. Ten unha soa [[nave (arquitectura)|nave]] con tellado de madeira sobre arcos apuntados que a dividen en catro tramos, e, na cabeza, a capela maior, cuadrangular, con [[bóveda (arquitectura)|bóveda]] de canón. No [[lado do Evanxeo]], á esquerda, a capela dos Carneiro, ou de San Pedro, cunha bóveda en forma de cuncha de [[vieira]].
 
=== Exterior ===