Juan Bautista Celma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/atraso
Liña 25:
 
== Púlpitos da Catedral ==
[[Ficheiro:Santiago, Catedral 09-04.JPG|miniatura|250px|Púlpito do [[lado do Evanxeo]]]]
[[Ficheiro:Santiago, Catedral 09-02b.JPG|miniatura|250px|Un dos relevos deste púlpito, obra de Antonio de Arfe, representando o milagre do galo e a galiña de [[Santo Domingo de la Calzada]].]]
A que se considera a súa obra mestra son os dous púlpitos, en bronce da Catedral. Quince anos despois daquela primeira encarga de 1564, o cabido catedralicio decide en [[1578]] retomar o proxecto (esquecendo a condición de que se fixeran en Flandres) e acorda que:
{{cita|"''vaya Bautista Celma, pintor, a la ciudad del Puerto'' [Porto, Portugal] ''a buscar el azófar <ref>''Azófar'', denominación antiga do latón.</ref> necesario para los púlpitos ... y que para la compra del, los dhos Dean y Cabildo le den todo el crédito que le fuera menester''"|Amelia Gallego, 506}}
Liña 36:
Por fin se dan por rematados e entregados en [[1584]] (segundo Amelia Gallego) ou [[1586]] (segundo a ''Gran Enciclopedia Galega''). Semella que o cabido quedou satisfeito porque ordenou o pago inmediato cando Celma presentou a conta total da obra o 4 de xuño de 1584, se ben o certo é que non se cancelou a débeda ata 1586.
 
Nos dous casos o pé está formado por tres torsos humanos soldados, a modo de [[telamón|atlantes]], coas pernas substituídas por follas de [[acanto]]. Coas cabezas sosteñen un capitel e, sobre este, as bases dos púlpitos, decorada a maior con seis [[harpía]]s, no caso do púlpito do [[lado do Evanxeo]], e seis [[tritón (mitoloxía)|tritóns]], no do [[lado da Epístola]]. Na basa grande consta a autoría:
{{cita|"''Joannes Bautista Celma aragonensis pictor, anno Domini MDLXXXIII Compostellae faciebat''"}}
Sobre a basa hai un zócolo hexagonal con seis escenas da vida do [[Santiago o Maior|Apóstolo]] separadas por resaltes coas imaxes dos doce [[apóstolo]]s, seis en cada púlpito, obra do prateiro compostelán Duarte de Cedeira. Os relevos do púlpito do lado do Evanxeo reproducen os da [[custodia]] do orfebre castelán [[Antonio de Arfe]]; os do púlpito do lado da Epístola son propios de Celma. Finalmente, érguese a balaustrada.