Queiruga, Porto do Son: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 83.46.139.68 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
Liña 21:
Ten planta de cruz latina con muros de carga co exterior de cantería e o interior de cachotería, que sosteñen unha bóveda de canón rebaixada na nave central. Dous arcos de medio punto sobre pilastras dan paso ás capelas laterais.
 
Na cabeceira un arco de medio punto dá paso ao presbiterio, cuberto por bóveda de canón sobre arcos faixóns apoiados en semicolumnas con capiteis e basas ornamentados. No [[lado do Evanxeo]] está a [[sancristía]], de planta irregular adaptada ao terreo. Os [[canzorro]]s da cornixa que se conservan na capela maior destacan no exterior, ao igual que o contraforte correspondente ao arco intermedio. A fachada é posterior, sobre a que vai un [[campanario]] de dous corpos cuberto por unha pequena cúpula.
 
No interior do templo consérvase unha lápida sepulcral [[Roma antiga|romana]] dedicada a ''Rufinus Seiliensis'', que ata o ano [[1822]] foi utilizada como pedra do altar na [[igrexa (arquitectura)|igrexa]]<ref>Ponce Couce, Leandro e Sánchez García Jesús A. ''Galicia Guía do Patrimonio Arquitectónico'' ([[1998]]). [[Oleiros]], Vía Láctea Editorial. p. 300.</ref>. Apareceu na [[praia de Silas]] e é de [[mármore]] branco, atopándose en bo estado de conservación.
[[Ficheiro:Capela de Santa Lucía, Queiruga, Porto do Son.jpg|thumb|Capela de Santa Lucía.]]
 
=== Capela de Santa Lucía ===