Søren Kierkegaard: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: +info e ref.
Liña 34:
 
No final da súa vida, Kierkegaard viuse no núcleo de axitadas controversias, sobre todo coa igrexa luterana danesa, á que consideraba mundana e corrupta. Os seus últimos traballos, como ''A enfermidade mortal'' (1849), reflicten unha idea cada vez máis pesimista do cristianismo que enfatiza o sufrimento como esencia da verdadeira fe. Tamén redobrou os seus ataques, dirixidos contra a moderna sociedade europea, que denunciou en ''A era actual'' (1846) pola súa falta de paixón e os seus valores cuantitativos. A tensión producida polos seus numerosos escritos e as controversias nas que participou, minaron pouco a pouco a súa saúde; en outubro de 1855 desfaleceu na rúa e morreu o 11 de novembro, en Copenhague.
 
=== Traducións ao galego ===
A súa obra de 1844 ''Prólogos: lectura lixeira para certos estamentos segundo tempo e ocasión'' (no orixinal dinamarqués, ''Forord. Morskabslæsning for enkelte Stænder efter Tid og Leilighed af Nicolaus Notabene'') foi traducida ao galego por [[Óscar Parcero Oubiña]] e publicada en 2008 pola [[editorial Galaxia]] dentro da colección "Ensaio"<ref>[http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=3131 Ficha da obra] en [[BITRAGA]]</ref>.
 
== Pensamento ==